Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

O obxecto deste anuncio é a contratación, polo sistema de concurso por procedemento aberto, de asistencia técnica e redacción do Plan Xeral de Urbanismo do Concello de Teo.

Tipo de licitación:

43.000.000 de pesetas (IVE incluído), que serán aboadas na forma establecida no prego de condicións.

Presentación de plicas:

O prazo para presentación de plicas remata o día vintecatro de febreiro de dous mil un e presentaranse na Secretaría da Corporación das 9 ás 13 horas.

Fianzas:

Provisional: o 2% do prezo de contrata.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

Mesa de contratación:

Composta polo alcalde ou concelleiro en que delegue; o presidente da Comisión de Urbanismo do concello ou concelleiro en que delegue; o arquitecto (ou enxeñeiro) municipal encargado da Área de Urbanismo ou, de non existir, técnico urbanista competente por razón da materia, nomeado polo presidente da mesa por proposta do Colexio de Arquitectos de Galicia; un técnico superior nomeado pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; un representante de cada grupo municipal da Corporación. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, o da Corporación.

Apertura de proposicións:

A mesa de contratación reunirase ás 10 horas do día cinco de marzo de dous mil un, no salón de plenos do Concello de Teo, levantándose a correspondente acta e entregando copia dela ós licitadores que o soliciten.

Presentación de proposicións:

Presentarase en tres sobres denominados:

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», e formularase de acordo co modelo que figura como anexo 1.

Sobre B, subtitulado «Documentación administrativa» e conterá a documentación establecida no prego.

Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas» e conterá a documentación así mesmo establecida no prego.

Expediente:

O expediente completo estará á disposición dos interesados na Secretaría da Corporación durante o prazo e horas de presentación de plicas.

Modalidade de pagamento:

Ver prego de condicións económico-administrativas.

Información complementaria:

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Data de envío do presente anuncio ó DOCE:

3 de xaneiro de 2001.

Enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación:

Telefono: 981 81 57 00. Fax: 981 80 94 01.

Anexo 1: modelo de proposición:

«Don ..., con domicilio en ..., rúa ..., piso ..., con DNI núm. ..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., con CIF ..., e con domicilio en ...), toma parte no concurso público para a contratación de asistencia técnica e redacción do Plan Xeral de Urbanismo do Concello de Teo, convocado mediante anuncio publicado no BOP, DOG, BOE, DOCE e xornal El Correo Gallego con datas do ... e para os efectos fai constar:

a) Que ofrece o prezo de ... (en número e letra) pesetas, que supón unha baixa de ... pesetas con respecto ó tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan do prego de codicións económico-administrativas e de prescricións técnicas que rexen o concurso.

c) Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral e de Seguridade Social.

..., ... de ... de 200...

Teo, 20 de decembro de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde