Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000 referente á convocatoria para prover varias prazas de persoal laboral fixo.

No BOP de Pontevedra, nº 224, do 22 de novembro de 2000, publícanse as bases íntegras para optar ás prazas que a continuación se indican:

Concurso para a provisión en propiedade de prazas de persoal laboral fixo que a continuación se detallan:

A) Denominación do posto: aparellador/a municipal.

Asimilado ó grupo B.

A tempo parcial.

Número de vacantes: 1.

B) Denominación do posto: auxiliar-encargado de biblioteca.

Asimilado ó grupo C.

A xornada completa.

Número de vacantes: 1.

C) Denominación do posto: limpador/a.

Asimilado ó grupo E.

A xornada completa.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do devandito anuncio no BOE. Os anuncios sucesivos pertencentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Ponte Caldelas, 30 de novembro de 2000.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde