Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 728

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO H9.10 DO CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do trámite de información pública.

A Xunta de Compensación do polígono H9.10 (rúa da Mercé) do concello da Coruña acordou, en sesión do día 3 de xaneiro de 2001, aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono H9.10, o cal deberá ser sometido a información pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio, mediante notificación persoal ós propietarios con domicilio coñecido e publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente completo atópase exposto no Departamento de Urbanismo do Concello da Coruña (Casa Paredes, avda. da Mariña, s/n) e na sede da propia Xunta de Compensación, sita na avda. da Pasaxe, 45-baixo, urbanización Casablanca, da Coruña, onde se poderán presenta-las alegacións correspondentes.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2001.

José Antonio Lois Fernández

Secretario