Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da modificación das normas subsidiarias relativa á ampliación do equipamento sanitario destinado a centro de saúde do Val Miñor, na Ramallosa.

O Concello de Nigrán, por acordo plenario do 24 de novembro de 2000, aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ampliación do equipamento sanitario destinado ó centro de saúde do Val Miñor, na Ramallosa, facéndose constar expresamente que se incorpora a súa cualificación como sistema xeral.

En cumprimento do disposto no 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e disposicións concordantes e sen prexuízo da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia, coa indicación dos recursos procedentes, faise público o acordo sinalando que este non afecta ás ordenanzas das normas subsidiarias.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 13 de decembro de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde