Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de ordenación do medio rural do concello de Oímbra.

Este proxecto de ordenación do medio rural estivo exposto ó público durante o prazo de 1 mes, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición do proxecto comprenden desde o día 7-11-2000 ata o día 7-12-2000.

Mediante acordo adoptado polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2000 acordouse ampliar polo prazo de 1 mes máis o trámite de exposición ó público do proxecto, para que os interesados que o desexen poidan examinar todo o expediente e formular por escrito cantas alegacións e reclamacións coiden convenientes. Este prazo de 1 mes empezará a contar a partir da publicación no DOG deste edicto.

Oímbra, 3 de xaneiro de 2001.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde