Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000 pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de incendios OU-2000/230.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de incendios: Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre incendios forestais.

Expediente: OU-2000/230.

Denunciado: Domingo de la Torre Dargamale.

Último enderezo coñecido: Forcadas, s/n, Chandrexa de Queixa (Ourense).

Contido da resolución:

Data: 4 de decembro de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: realizar sete conatos de lume sen autorización.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia da incoación dun novo expediente ó non teren prescrito as infraccións cometidas.