Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se someten a información pública os expedientes de creación do couto de pesca sen morte de Conturiz, modificación dos límites do couto de Begonte, e relocalización do couto de pesca sen morte do Ladra.

Para os efectos previstos no artigo 15.3º, do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos, sométense a información pública os expedientes que seguen:

* Modificación (ampliación): couto de Begonte, afectando os concellos de Begonte e Outeiro de Rei.

* Relocalización: couto sen morte do Ladra, afectando o concello de Outeiro de Rei.

* Nova creación: couto sen morte de Conturiz, afectando os concellos de Lugo e O Corgo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consulta-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial (Servicio de MAN), no prazo de quince días contados a partir da publicación do presente anuncio.

Lugo, 18 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo