Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco. (Expediente IN661A 99/2-4).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15075 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 25 de marzo de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa, para efectos do trámite de competencia, do parque eólico de Masgalán-Campo do Coco, de 49,5 MW (expte. IN661A 99/2-4), foi sometida a información pública por Resolución do 7 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, publicada no BOE do 21-4-1999 e no DOG do 15-4-1999, non presentándose ningunha solicitude en competencia.

Segundo.-O 30 de novembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decre

to 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra de 27 de xaneiro de 2000, publicado no BOP de Pontevedra, do 16 de febreiro de 2000, o xornal La Voz de Galicia do 1 de marzo de 2000, no DOG do 1 de marzo de 2000 e no BOE do 21 de marzo de 2000, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Forcarei, Silleda e Lalín.

Publicouse unha corrección de erros no BOP de Pontevedra do 20 de marzo de 2000, no DOG do 16 de marzo de 2000 e no xornal La Voz de Galicia do 16 de marzo de 2000; no BOE publicouse orixinalmente sen erros.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

2. María del Carmen Ramona Rascado Cachafeiro manifesta que é propietaria de varios predios afectados polo parque que non figuran na relación de bens e dereitos afectados.

3. Luis García Madriñán, en nome propio e ademais en representación da Comunidade de Propietarios do Monte chamado Grobas, manifesta que:

a) O predio nº 22 non pertence á CMVMC de Grobas senón que é de titularidade privada (monte chamado de Grobas).

b) A pista que atravesa o predio é de titularidade privada e non pode ser usada sen permiso dos titulares e, en caso de usala, deben ser indemnizados.

c) Os datos que figuran na notificación relativos á afección do predio non son correctos.

4. O Concello de Lalín formula a súa oposición á execución do parque.

Cuarto.-O 28 de agosto de 2000, Gamesa Energía, S.A. presentou un anexo ó proxecto de execución que inclúe unha modificación na subestación do parque, consistente na instalación de dúas novas posicións de liña, unha delas de reserva.

Quinto.-O 22 de novembro de 2000, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., presentou escrito de renuncia á implantación da máquina A-24 con asentamento no concello de Lalín e reemprázaa pola R-1, localizada en terreos do concello de Forcarei.

Sexto.-O 23 de novembro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Masgalán-Campo do CocoForcareiXY

Silleda559.0004.723.000

Lalín562.0004.723.000

562.0004.722.000

560.0004.721.000

560.0004.719.000

561.0004.718.000

561.0004.717.000

562.0004.716.000

561.5004.715.000

560.5004.715.000

559.5004.715.500

559.5004.714.500

562.5004.713.500

562.0004.712.000

559.0004.712.000

558.5004.714.000

557.5004.716.000

556.0004.717.000

556.0004.718.000

557.0004.719.000

558.0004.718.000

558.0004.719.000

557.0004.721.000

558.0004.722.500

559.0004.722.000

Nº de aeroxeradores75

Potencia unitaria por aeroxerador660 kW

XeradoresG47-660 de Gamesa Eólica

Potencia total instalada49,5 MW

Producción anual estimada145.926 MWh

Investimento previsto6.538.847.072 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

75 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recolla de media tensión e subestación transformadora 20/220 kV.

Subestación transformadora 20/220 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/220 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Sétimo.-O 19 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, quedando condicionada a posición

dos aeroxeradores números A-1, A-4, A-19, A-73 e R-1 á presentación polo promotor da documentación requirida nos puntos 4 e 6 dela, e posterior informe favorable do órgano ambiental.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non podemos acepta-la alegación formulada por María del Carmen Ramona Rascado Cachafeiro por ser relativa á utilidade pública; esta será tida en conta cando se proceda á súa declaración; non obstante, será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. En canto á alegación formulada por Luis García Madriñán, cabe dicir que:

a) Con respecto ó posible erro na titularidade do predio afectado pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón dela; non obstante, será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria, cando se proceda á declaración de utilidade pública da dita instalación.

b) Non se toma en consideración a alegación referida á valoración da afección da parcela, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

c) Con respecto ós posibles erros na determinación de servidume así como na natureza do terreo afectado, esta se tomará en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, incluíndose na correspondente folla de valoración.

3. En relación coa alegación formulada polo Concello de Lalín, cabe dicir que o promotor presentou escrito de renuncia á implantación da máquina A-24 con localización no concello de Lalín e reemprázaa pola R-1, localizada en terreos do concello de Forcarei, polo que deixa de estar afectado o citado concello.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

-Autorizarlle a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco, para situar nos concellos de Forcarei e Silleda.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998 e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 130.776.941 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 6.538.847.072 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afectan a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Energía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado

pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 19 de decembro de 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria