Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Pontevedra (Atra) a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Vista a solicitude presentada por Ramón Moral Riestra en representación de Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Pontevedra (Atra) e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos no artigo 4.bis do Decreto 206/1994, do 16 de xuño (DOG do 6 de xullo), polo que se adapta a normativa vixente en materia de prestación de servicios nos talleres de reparación de vehículos e dos seus equipos e compoñentes, modificado polo Decreto 347/1998, do 20 de novembro.

Esta dirección xeral resolve:

Outorgarlle á Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Pontevedra (Atra) a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles, e inscribila no rexistro de entidades acreditadas para iso.

Para imparti-la formación, presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente

resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a suá actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo destas na comunidade autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria