Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/192-2, 5535 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Fontela.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. Augas e remate no C.T. de Fontela en conductor LA-56 de 46 metros de lonxitude. Centro de transformación de Fontela de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón de 1.010 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo