Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 710

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (103/2000).

Eu, Ramona González Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas 103/2000 seguido neste xulgado por lesións en agresión, se acordou citar a José Laíño Varela á realización do presente xuízo de faltas, que terá lugar o próximo día tres de abril de dous mil un, ás 10.15, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Laíño Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Negreira, o once de decembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado

O xuíz

Rubricado