Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/106-2, 5483 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aviporto, S.L.

Domicilio social: comarcal 535 km 59, 27170 Portomarín.

Denominación: coxeración para fabricación fertilizantes e granxa avícola.

Situación: Portomarín.

Descricións técnicas: instalación de almacenamento e subministración de gasóleo. Instalación de grupo de coxeración en illa con aproveitamento calorífico en secadoiro, con xerador das seguintes características: potencia 365 kVA, factor de potencia 0,8, tensión 400/230 V, nº de fases 3, frecuencia 50 HZ, intensidade 526,8 A, RPM 1.500, conexión estrella,

voltaxe de excitación 42 V. Intensidade de excitación 7,79 A. Instalación de distribución eléctrica en baixa tensión para os equipos de proceso e conexión ás instalacións actuais existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo