Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 311/2000, do 28 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha superficie de terreo de 28,10 m, feita a favor do Servicio Galego de Saúde con destino á remodelación do Centro de Saúde Valle Inclán (Ourense).

A compañía mercantil Casas Ourense, S.A., mediante escrito do 6 de setembro de 2000, manifesta a súa vontade de lle ceder gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde un terreo da súa propiedade contiguo ó Centro de Saúde Valle Inclán de Ourense, cunha extensión superficial de 28,10 m, para a remodelación do centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afectacións impostas sobre eles exceda o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravames ou afeccións os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dos terreos sitos na rúa Celso Emilio Ferreiro, propiedade da compañía mercantil Casas Ourense, S.A. a favor do Servicio Galego de Saúde, para a remodelación do Centro de Saúde Valle Inclán.

2. A parcela cedida ten unha superficie de 28,10 m e os seus lindes son os seguintes:

-Á fronte: rúa Capitán Cortés, hoxe rúa Celso Emilio Ferrreiro.

Á dereita: resto da súa matriz, hoxe rúa Valle Inclán.

Á esquerda: a obra sindical Dezaoito de Xullo, hoxe Centro de Saúde Valle Inclán.

-Ó fondo: predio de Inés Martínez Novo.

3. O inmoble obxecto da cesión está inscrito no Rexistro da Propiedade de Ourense número 1, a favor da compañía mercantil Casas Ourense, S.A., no folio 18, do libro 427, tomo 1.169, do predio nº 35.937, inscrición segunda.

Artigo 2º

O inmoble cédese segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 38 do seu regulamento, e destinarase á remodelación do Centro de Saúde Valle Inclán.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade ó seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde