Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 310/2000, do 21 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun inmoble, situado no termo municipal de Palas de Rei (Lugo), para a instalación do Centro Comarcal da Ulloa.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Palas de Rei, en sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2000, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia un inmoble, situado na avda.

de Compostela s/n, no termo municipal de Palas de Rei (Lugo), para a instalación do Centro Comarcal da Ulloa.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Palas de Rei acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun inmoble, no termo municipal de Palas de Rei (Lugo), que a seguir se describe:

Urbana.-Coñecida como casa cuartel na avenida de Compostela s/n, e en deficiente estado de conservación, cun pequeno patio pola súa parte posterior, ocupando todo unha superficie duns 367,78 m. Consta de semisoto, planta baixa e unha planta alta, ocupando a edificación uns 297,28 m. Linda: pola fronte, estrada nacional 547 ou avenida de Compostela; esquerda, entrando, Carmen Villamor Vázquez; dereita, camiño público; e polo fondo, Celsa Quintá García.

O inmoble que se cede atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada a favor do Concello de Palas de Rei, no tomo 676, libro 81, folio 161, predio nº 12.271, inscrición 1ª.

Artigo 2º

A parcela cedida destinarase á instalación do Centro Comarcal da Ulloa.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo

tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinteún de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda