Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 701

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de xaneiro de 2001 pola que se dispón o nomeamento dun vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facela necesariamente o órgano competente da Comunidade Autónoma, por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, recibida a da FNTCM-UGT Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, na súa calidade de organización sindical máis representativa na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Víctor Pazos Lara como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da organización sindical máis representativa (UGT).

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda