Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 701

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de xaneiro de 2001 pola que se dispón o cesamento dun vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 6 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma, por proposta das organizacións, organismos e entidades que aqueles representen, polo que, recibida a da FNTCM-UGT Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, na súa calidade de organización sindical máis representativa na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de José Luis Ces Laíño como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da organización sindical máis representativa (UGT), agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda