Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 26 de outubro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a reordenación de volumes e axustes de aliñacións nas parcelas 26A e 26B do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro, de acordo co expediente tramitado para o efecto; o teor do acordo é o seguinte:

«Visto o expediente de estudio de detalle para a reordenación de volumes e exustes de aliñacións nas parcelas 26A e 26B do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro. Resultando que o Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 27 de xullo do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto do estudio de detalle, que foi sometido a información pública regulamentaria dun mes e exposto no taboleiro de anuncios do concello do 11 de agosto ó 19 de outubro deste ano, publicado no xornal La Voz de Galicia do 17 de agosto de 2000 e no DOG número 180, do 15 de setembro de 2000, durante o cal non se presentaron alegacións. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 26 de outubro de 2000, en votación ordinaria e por unanimidade, considerou oportuno propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos. Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a reordenación de volumes e axustes de aliñacións nas parcelas

26A e 26B do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro. Segundo.-Proceder á súa publicación regulamentaria».

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes, contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 7 de novembro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde