Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 18 de decembro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de xestión D (UX-D) do Plan especial de reforma interior de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, promovido por Edipromfer, S.L.

O ámbito da actuación correspóndese cos seguintes lindes:

Norte: herdeiros de Manuel Otero Carollo.

Sur: Luís Asorey Rial e outros.

Leste: rúa de Cotaredo.

Oeste: Pilar González Botana, Elvira del Río Vieiro e outros.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento

e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo