Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU 2/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: desestima-la alegación presentda por Melania Mayo Martínez, presidenta da Comunidade Xeneral Sanjurjo 44-46-48, de conformidade co informe emitido, e acepta-la de Arcaci, S.A. pero unicamente no sentido de non se-lo proxecto de urbanización o instrumento adecuado para defini-lo carácter dos espacios resultantes da ordenación, sen que se dea por suposto que o interior do rueiro sexa público, de conformidade co informe que fundamenta esta proposta.

Segundo: aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de praza axardinada situada no interior

do rueiro delimitado pola rúa Posse, Alcalde Marchesi, Río Monelos e Avenida de Xeneral Sanjurjo, presentado por Arcaci, S.A.

Terceiro: contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado