Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia e procedemento anticipado de gasto, para a adquisición de equipamento de fisioterapia con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS-04/2001) (lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento de fisioterapia con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (lote único).

Orzamento: vinte millóns catro mil duascentas pesetas, co IVE incluído (20.004.200 pesetas co IVE incluído), 120.227,66 euros, quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto da Lei de orzametos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Lote único: equip. fisioterapia 20.004.200 pesetas, 120.227,66 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: máximo 30 días.

Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a devandita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela,

tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001. Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos