Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimen

to co disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratación.

Adquisición de armario de dispensación automatizada con destino ó Hospital Abente e Lago-A Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-70/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de armario de dispensación automatizada.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 176, do 11 de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteún millóns duascentas cinco mil pesetas, IVE incluído (21.205.000 pesetas, IVE incluído) (127.444,62 euros).

Lote único: 21.205.000 pesetas (127.444,62 euros).

5. Adxudicación.

Lote único: equip. armario de dispensación automatizada.

a) Data: 28 de novembro de 2000.

b) Contratista: Grifols Movaco, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteún millóns duascentas vintecinco mil pesetas, IVE incluído (21.205.000 pesetas, IVE incluído) (220.871,95 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformi

dade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos