Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

1. Adquisición de moblaxe xeral con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-54/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de moblaxe xeral.

c) Lote: 4 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns cincocentas doce mil cincocentas pesetas, IVE incluído 4.512.500 pesetas, IVE incluído) (27.397,67 euros).

Lote 1: 1.064.500 pesetas, 6.064,77 euros.

Lote 2: 648.000 pesetas, 3.894,56 euros.

Lote 3: 1.900.000 pesetas, 11.419,23 euros.

Lote 4: 900.000 pesetas, 5.409,11 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: mesas e armarios.

Lote nº 2: cadeiras.

a) Data: 21 de agosto de 2000.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón cincocentas oitenta e seis mil seiscentas dezaseis pesetas, IVE incluído (1.586.616 pesetas, IVE incluído), 9.535,75 euros.

Lote nº 3: dotación vestiarios.

a) Data: 21 de agosto de 2000.

b) Contratista: Ofitenia-Suministros de Oficina, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón seiscentas noventa mil oitocentas sesenta e oito pesetas, IVE incluído (1.690.868 pesetas, IVE incluído), 10.162,32 euros.

Lote nº 4: andeis metálicos.

a) Data: 21 de agosto de 2000.

b) Contratista: Estan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trescentas setenta e catro mil novecentas sesenta pesetas, IVE incluído (374.960 pesetas, IVE incluído), 2.253,55 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos