Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade á adxudicación das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento de visualización de parámetros e terapia con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-35/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de visualización de parámetros e terapia.

c) Lote: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns vintecinco mil pesetas, IVE incluído (38.025.000 pesetas, IVE incluído) (228.534,85 euros).

Lotes nº 1: 17.900.000 pesetas (107.581,17 euros).

Lotes nº 2: 2.280.000 pesetas (13.703,08 euros).

Lotes nº 3: 6.200.000 pesetas (37.262,75 euros).

Lotes nº 4: 3.400.000 pesetas (20.434,41 euros).

Lotes nº 5: 6.545.000 pesetas (39.336,24 euros).

Lotes nº 6: 1.700.000 pesetas (10.217,21 euros).

5. Adxudicación.

Lote nº 1: sistema de monitorización reanimación/desp.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Drager Hispania, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezasete millóns oitocentas noventa e nove mil oitocentas pesetas, IVE incluído (17.899.800 pesetas, IVE incluído) (107.579,96 euros).

Lote nº 2: equip. monitor presión arterial.

a) Data: 24 de outubro de 2000.

b) Contratista: M.C. Infortecnia, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns duascentas oitenta mil pesetas, IVE incluído (2.280.000 pesetas, IVE incluído) (13.703,08 euros).

Lote nº 3: equipamento desfibriladores.

Lote nº 4: equipamento electrocardiógrafos.

Lote nº 6: equipamento aspiradores intermitentes.

Lotes 3 e 4 (conxunta nº 1) e 6.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns duascentas sesenta e seis mil pesetas, IVE incluído (11.266.000 pesetas, IVE incluído) (67.710,02 euros).

Lote nº 5 : equipamento bisturí eléctrico.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns cincocentas corenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (6.545.000 pesetas, IVE incluído) (39.336,24 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é suscep

tible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos