Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Locales de Ocio de Baiona (Aloba).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos

da Asociación de Locales de Ocio de Baiona (Aloba), que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: intereses profesionais xerais de empresarios membros dela.

Asinan a acta de constitución: Pedro Rodríguez Fernández e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 19 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra