Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisións dos viveiros Zape I, Zape III, Zape IV e M.P.G. II, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escritos de data 2-6-2000, Avelino Casal Ríos no nome e representación de Albina Ríos Amoedo e Francisco Casal Calvar (falecido) solicitou autorización para transmisión da
concesión dos viveiros Zape I, Zape III, Zape IV e M.P.G. II.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-Os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Albina Ríos Amoedo (DNI 35.917.740-C) e Avelino Casal Ríos (DNI 35.304.522-M) das concesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación e das que son titulares na actualidade Francisco Casal Calvar (DNI 35.903.629-P) (falecido) e Albina Ríos Amoedo (DNI 35.917.740-C).
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Zape I.
Localización:
Lugar: 44 Redondela B.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 31-1-1956 (BOE do 39).
Remate de vixencia: 8-2-2006.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Zape III.
Localización:
Lugar: 64 Redondela B.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 20-2-1959 (BOE do 57).
Remate de vixencia: 7-3-2004.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Zape IV.
Localización:
Lugar: 21 Redondela B.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 20-2-1959 (BOE do 57).
Remate de vixencia: 7-3-2004.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: M.P.G. II.
Localización:
Lugar: 28 Redondela A.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 30-1-1976.
Remate de vixencia: 29-12-2005.
Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 11 de decembro de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra