Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de xestión económico-financeira do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. nº 20/2000.

2. Obxecto do contrato: contratación de servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de xestión económico-financeira do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 222, do 16 de novembro de 2000.

5. Orzamento base de licitación: 13.572.000 pesetas (trece millóns cincocentas setenta e dúas mil pesetas), IVE incluído, orzamentándose os módulos 1-10 (ambos inclusive) nun máximo total de 4.640.000 pesetas, IVE incluído, e os módulos 11-26 (ambos inclusive) nun máximo total de 8.932.000 pesetas, IVE incluído.

6. Adxudicación:

a) Data: 15 de decembro de 2000.

b) Contratistas e importes de adxudicación:

Nática Sistemas de Información, S.L., polo importe de 13.287.800 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica