Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 636

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

A normativa en materia de seguridade industrial esixe que os profesionais e as empresas que se dediquen á instalación, montaxe, mantemento ou reparación de aparellos e instalacións, cumpran unha serie de requisitos que garantan a súa calidade e seguridade.

Deste xeito, faise necesario, no marco das competencias en materia de seguridade que ten legalmente atribuídas a Consellería de Industria e Comercio, regula-lo procedemento básico que articule as convocatorias de probas selectivas para á obtención de carnés de instaladores e mantedores-reparadores no ámbito da Comunidade Autónoma galega, racionalizando as probas e exames necesarios para a expedición de carnetes e inscrición de empresas instaladoras e mantedoras-reparadoras autorizadas.

Na súa virtude, e no uso das competencias que a Consellería de Industria e Comercio ten atribuídas na materia,

DISPOÑO:

Capítulo primeiro

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establece-las condicións comúns para obte-la acreditación do cumprimento dos requisitos específicos que deben reuni-los profesionais, así como as empresas legalmente establecidas, que se dediquen a executar, manter, reparar ou revisar instalacións, equipos e aparellos, ou os seus conxuntos, regulados polos regulamentos técnicos de seguridade industrial respectivos, que figuran no anexo I.

As devanditas acreditacións, realizaranse mediante o procedemento para a obtención e a expedición do respectivo carné profesional, así como, a autorización e inscrición de empresa autorizada para o campo regulamentario que corresponda, de conformidade coa presente orde.

Así mesmo, ten por obxecto o regula-los requisitos que deben cumpri-las entidades recoñecidas que desexen impartir cursos específicos para a formación de profesionais autorizados de acordo cos regulamentos de seguridade industrial que regulan as súas actividades.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

A presente orde é de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para a

obtención, renovación e control dos carnés profesionais, así como das autorizacións a empresas, dentro dos campos regulamentarios sinalados no anexo I.

Artigo 3º.-Definicións.

Profesional autorizado: é toda persoa física acreditada para cada especialidade segundo a regulamentación específica e o sinalado na presente orde mediante o correspondente carné profesional expedido pola delegación provincial competente, e inscrita no rexistro correspondente.

Empresa autorizada: é aquela que cumprindo os requisitos mínimos establecidos na presente orde está acreditada, para cada especialidade segundo a regulamentación específica, mediante o certificado expedido pola delegación provincial competente e inscrita no rexistro correspondente.

Especialidades: son aquelas actividades nas cales se precisa estar en posesión dun carné profesional para o seu exercicio.

Entidade recoñecida: é aquela autorizada para imparti-los cursos para a formación de profesionais nas diferentes especialidades que o requiran e inscrita na dirección xeral competente en materia de industria.

Capítulo segundo

Carnés profesionais

Artigo 4º.-Requisitos.

Con carácter xeral para a obtención dun carné profesional esixirase ser maior de idade, estar en posesión ou en condicións de obter un dos títulos ou certificados que se indican no anexo I, e/ou coñecementos teóricos e prácticos sobre a especialidade solicitada e superar un exame sobre a regulamentación que corresponda.

Para acredita-los coñecementos teóricos e prácticos das materias específicas na regulamentación técnica da especialidade, achegarase a correspondente titulación na materia e, de se-lo caso, a superación, dun curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida na especialidade correspondente.

Os titulados con atribucións técnicas específicas conferidas polas administracións públicas, poderán obte-lo carné profesional sen ter que cumpri-los requisitos anteriores; para a obtención do carné abondará a presentación ante a delegación provincial correspondente dunha copia compulsada do título.

Artigo 5º.-Exames para a obtención dos carnés profesionais.

As convocatorias de exames para a obtención dos distintos carnés publicaranse anualmente no Diario Oficial de Galicia por resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

Na referida resolución deberán constar, como mínimo, os seguintes datos:

-Solicitudes e documentación.

-Admisión de solicitudes.

-Composición do tribunal cualificador.

-Data e lugar no que se realizarán os exames.

-Desenvolvemento do exame.

-Cualificación dos exercicios.

-Lista de aprobados.

-Reclamación de exames.

Solicitudes e documentación.-O modelo de solicitude para tomar parte nas probas publicarase coas bases da convocatoria e será facilitado gratuitamente en calquera das delegacións provinciais correspondentes. Xunto coa solicitude, presentarase a fotocopia compulsada do documento nacional de identidade, xustificante de aboamento das taxas correspondentes, e documentación acreditativa dos requisitos esixidos no artigo 4º.

Admisión de solicitudes.-As solicitudes acompañadas da documentación, presentaranse na delegación provincial que corresponda, dirixida o delegado provincial. A carencia de calquera dos datos da solicitude ou dos documentos xustificantes esixidos será causa da exclusión provisional do aspirante.

Terminado o prazo de presentación de solicitudes para cada convocatoria, publicarase no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais competentes, a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as datas e lugar dos exames. No caso de haber varias convocatorias ó longo do ano estableceranse diferentes prazos para a presentación de solicitudes.

Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas listas de admitidos nin de excluídos, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó día da publicación, para emenda-lo defecto que motivou a súa exclusión ou a súa non inclusión.

Tribunal cualificador.-Para os efectos de realización destas probas, o director xeral competente en materia de industria nomeará o tribunal cualificador, que contará cos seguintes membros:

-Un funcionario da dirección xeral competente en materia de industria, que actuará de presidente do tribunal.

-Un funcionario da consellería competente en materia de industria, que actuará como secretario.

-Un funcionario proposto por cada unha das delegacións provinciais da consellería competente en materia de industria.

Logo de convocatoria do presidente, constituirase o tribunal con asistencia da maioría simple dos seus membros, titulares ou suplentes.

Na devandita sesión o tribunal acordará tódalas decisións que se correspondan para o correcto desenvolvemento das probas.

Data na que se realizarán os exames.-Os exames correspondentes a cada carné realizaranse na mesma data e hora en cada unha das catro provincias, nos lugares nos que se designen.

En ningún caso se poderán celebra-los exames antes do transcurso do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria.

O exame será común para as catro provincias da Comunidade Autónoma.

Desenvolvemento do exame.-O exame estará integrado por dúas partes que a continuación se indican:

-Primeira parte.-Os aspirantes realizarán un exercicio teórico por escrito, das materias regulamentarias establecidas para cada especialidade.

-Segunda parte.-Un exercicio suposto-práctico ou realización de probas prácticas que consistirá nunha ou varias operacións propostas polo tribunal sobre os requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade.

As dúas partes do exame terán lugar o mesmo día. Para a realización destas probas, os aspirantes deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade.

Cualificación dos exercicios.-O conxunto da proba valorarase cunha nota comprendida no intervalo 0-100. A puntuación máxima para supera-los exercicios, así como a puntuación final necesaria para ser declarado apto, sinalarase en cada convocatoria.

Lista de aprobados.-O tribunal cualificador elevará á dirección xeral competente en materia de industria, a relación provisional de aprobados por provincias. O director xeral elevará a definitiva a lista de aprobados, e dará traslado ás catro delegacións provinciais para ser publicada nos taboleiros de anuncios.

Reclamación de exames.-As reclamacións faranse por escrito ó director xeral competente en materia de industria, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 6º.-Concesión e renovación do carné profesional.

A delegación provincial correspondente expedirá os respectivos carnés profesionais ós aprobados, para o que os solicitantes presentarán dúas fotografías tamaño carné.

Os carnés terán unha vixencia de cinco años sempre que se manteñan as condicións da súa expedición, agás que o regulamento específico ou disposición de rango superior estableza o contrario.

Con anterioridade á finalización da vixencia do carné, o interesado deberá solicita-la súa renovación na delegación provincial correspondente da súa residencia, acreditando exerce-la actividade correspondente á súa especialidade. As renovacións concederanse por igual período e condicións que a expedición orixinaria do carné profesional.

No caso de non cumprirse as condicións antes mencionadas para a renovación, procederase á declaración da súa caducidade causando baixa no rexistro correspondente.

Os carnés profesionais terán o formato e as características indicadas no anexo III.

Artigo 7º.-Rexistro.

En cada delegación provincial levarase un rexistro no que consten os carnés especificados por especialidades.

A inscrición no rexistro é obrigatoria para o exercicio profesional, con independencia de cal sexa o lugar de expedición do carné profesional correspondente.

Capítulo terceiro

Profesionais autorizados

Artigo 8º.-Pertenza a empresa autorizada.

Os profesionais autorizados só poderán exerce-lo seu cometido profesional, relacionado coa actividade regulamentaria, cando ó tempo de estar en posesión dun carné profesional, sexan titulares ou pertenzan ó cadro de persoal da empresa autorizada na súa mesma especialidade, con excepción dos que presten os seus servicios como persoal de mantemento ou operación en empresas industriais ou de servicios, na especialidade de operadores industriais de caldeiras.

A mesma excepción prevista para a especialidade anterior será aplicable ós instaladores, mantedores, reparadores ou, se é o caso, conservadores que manteñan, reparen ou conserven instalacións dunha empresa da que formen parte do cadro de persoal.

A pertenza a un cadro de persoal dunha empresa autorizada acreditarase mediante a presentación de dalgún dos seguintes documentos:

-Documentos de cotización ó réxime xeral da Seguridade Social.

-Documentos de cotización ó réxime especial de traballadores autónomos.

As empresas teñen a obriga de notificarlle á delegación provincial as altas e baixas do persoal con carné, no prazo máximo de quince días.

Capítulo cuarto

Empresas instaladoras e mantedoras

Artigo 9º.-Requisitos das empresas instaladoras e mantedoras.

Os requisitos que deberán cumpri-las persoas físicas ou xurídicas para estaren autorizadas como empresas que exerzan actividades suxeitas a regulamentos de seguridade industrial serán os que figuran no anexo II, e con carácter xeral serán os seguintes:

1. Dispor como mínimo dun instalador autorizado na actividade específica da que se trate, a xornada completa. Un instalador autorizado nunha actividade concreta soamente poderá exercer co seu carné nunha única empresa.

2. Estar inscrita no rexistro de establecementos industriais de Galicia.

3. Estar dada de alta no imposto de actividades económicas, no epígrafe correspondente.

4. Estar dado de alta na seguridade social.

5. Posuír un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros por un importe mínimo acorde co esixido na regulamentación específica para o exercicio da súa actividade e que en todo caso nunca será inferior a 25.000.000 de pesetas. As empresas instaladoras terán a obriga de garanti-la póliza mentres se está a desenvolve-la actividade. Este seguro deberá actualizarse anualmente segundo IPC.

6. Dispoñer dos medios materiais regulamentariamente establecidos para a actividade.

Artigo 10º.-Autorización.

Para obte-la inscrición como empresa autorizada deberá solicitarse ante a delegación provincial correspondente, achegando xunto coa solicitude os documentos xustificativos dos requisitos esixidos no artigo anterior, sen prexuízo da obriga da empresa de manter informada a Administración dos cambios producidos e a presentación da póliza de seguros actualizada.

A autorización e inscrición industrial será requisito imprescindible para que as empresas poidan realiza-la actividade correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A autorización terá unha validez máxima de tres anos, agás que o regulamento específico ou disposición de rangos superiores estableza o contrario.

Artigo 11º.-Renovación.

Antes de transcorre-lo prazo de validez establecido no artigo anterior, as empresas autorizadas deberán solicitar da delegación provincial competente, a pertinente renovación do certificado, xustificando que continúa cumprindo cos requisitos legais esixidos no artigo 9º da presente orde, e comunicando, se é o caso as variacións que se producisen, co fin de efectua-las modificacións correspondentes no novo certificado. En caso de non cumprirse as condicións antes mencionadas, transcorrido un prazo de tres meses desde a finalización do prazo de validez procederase a declaración de caducidade, causando baixa no rexistro correspondente.

Se durante o tempo de validez, se producen cambios ou variacións na situación da empresa que afecten os requisitos indicados no artigo 9º, estes deberán ser comunicados a delegación provincial no prazo de 15 días desde o momento no que se produzan.

Artigo 12º.-Rexistro.

En cada delegación provincial competente levarase un rexistro de empresas instaladoras e mantedoras-reparadoras, para cada especialidade.

Para exerce-la actividade noutra provincia distinta á de inscrición, as empresas autorizadas deberán comunicarllo a delegación provincial correspondente onde se execute a actividade.

Capítulo quinto

Entidades recoñecidas

Artigo 13º.-Entidades recoñecidas.

Para os efectos da presente orde terán a consideración de entidades recoñecidas para a formación de profesionais autorizados aquelas autorizadas pola dirección xeral competente en materia de industria para imparti-los cursos obxecto da presente orde, de conformidade cos requisitos establecidos ó respecto.

Para obte-la autorización para a impartición de cursos teórico-prácticos, as entidades recoñecidas interesadas deberán presentar ante a dirección xeral competente en materia de industria os seguintes documentos:

1. Solicitude normalizada.

2. Memoria na que conste o ámbito xeográfico de actuación.

3. Tipo de cursos que pretende impartir e o seu programa teórico-práctico.

4. Nome e titulación dos docentes e xustificación de te-los coñecementos suficientes na materia.

5. Medios materiais (locais, material didáctico etc.).

6. Metodoloxía de ensino e avaliación.

7. Experiencia anterior na impartición de cursos. Para a impartición dos programas teóricos deberán ter titulación técnica a nivel de enxeñería de grao medio ou superior. Para os cursos prácticos deberán ser polo menos persoal co mesmo carné habilitante e se son varias categorías, destes a maior.

8. Táboa de tarifas dos cursos.

As entidades que soliciten ser recoñecidas para impartir cursos de formación deberán dispoñer como mínimo das seguintes instalacións:

-Unha aula por unidade cunha superficie mínima dun metro e medio cadrado por alumno, en ningún caso terá menos de 30 metros cadrados.

-O número máximo de alumnos por aula e profesor non poderá exceder de 25.

-Unha aula-taller de 30 metros cadrados por cada unidade ou fracción, en función do tipo de especialidade para a que se solicite o recoñecemento.

-Unha biblioteca de 20 metros cadrados.

-Aseos e servicios hixénico-sanitarios en número adecuado á capacidade do centro.

-Unha secretaría.

-Unha sala de profesores de tamaño adecuado, mínimo de 10 metros cadrados.

A dirección xeral competente en materia de industria, resolverá a solicitude de inscrición logo de informe favorable dos servicios técnicos da delegación provincial correspondente que resolverá e procederá, se é o caso a inscribi-la entidade no rexistro especial aberto para tal efecto. A inscrición terá unha validez de 2 anos.

Unha vez inscritas, as entidades comunicarán á delegación provincial correspondente, o inicio das súas actividades, cunha antelación de 30 días. De non recibir comunicación en contra poderán empeza-la súa actividade.

Para tales efectos acompañarán como mínimo a seguinte documentación:

-Fotocopia da resolución de inscrición.

-Táboa de tarifas.

-Programación dos cursos previstos.

Para a renovación da inscrición deberán presentar declaración responsable conforme se seguen cumprindo as condicións iniciais da devandita inscrición.

Anualmente deberán presentar ante a dirección xeral competente en materia de industria unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que poidan producirse na súa estructura e persoal durante o período de validez da autorización.

Artigo 14º.-Perda da cualificación de entidade recoñecida.

Mediante resolución motivada do director xeral competente en materia de industria, poderá revogarse a autorización da entidade recoñecida que incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na presente orde e demais normas que resulten de aplicación.

Disposición adicional

Única.-As empresas autorizadas por outras Comunidades autónomas poderán actuar nesta Comunidade Autónoma logo de comunicación á delegación provincial respectiva onde pretendan actuar, acompañando a documentación seguinte:

-Certificado obtido no órgano competente en materia de industria do lugar de procedencia, da empresa autorizada.

-Acreditar ter cuberta a responsabilidade civil.

-Acreditar estar ó día no IAE.

-Certificado de non ter sido sancionado na CC.AA. de procedencia.

-Contar cos medios técnicos esixidos.

A delegación provincial correspondente autorizará, mediante resolución, nas mesmas especialidades que consten na autorización de orixen. O prazo de vixencia desta autorización será dun ano.

Para a renovación do certificado de empresa autorizada, deberá realiza-la tramitación na Comunidade Autónoma de orixe.

Disposición transitoria

Os carnés profesionais expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, con anterioridade á

entrada en vigor desta orde, terán vixencia ata a súa caducidade e, no caso de non tela, deberán ser renovados nun período non superior a catro anos.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango no que se opoñan o previsto na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ós dous meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

-Instalador de fontanería.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Regulado por:

Orde do 9 de decembro de 1975, Normas básicas para as instalacións interiores de auga (BOE 13-10-1976 e corrección de erros no BOE 12-2-1996) e Decreto 204/1994, do 16 de xuño de seguridade industrial (DOG do 6 de xullo).

-Operador industrial de caldeiras.

O carné só será necesario para operar con caldeiras que verifiquen P x V ) 50.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Regulado por:

Regulamento de aparellos a presión Real decreto 1244/1979, (BOE do 29 de maio) e a ITC MIE AP1 (Orde 17-3-1982 modificada por Orde 28-3-1985 BOE 8-4-1981 e 13-4-1985 respectivamente).

Coñecementos esixibles ós aspirantes para obte-lo carné: Resolución do 28 de xullo de 1981 da Dirección Xeral de Electrónica e Informática (BOE do 23 de setembro).

-Operador industrial de caldeiras de recuperación de lixivias negras.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Regulado por:

Regulamento de aparellos a presión Real decreto 1244/1979, (BOE do 29 de maio) e a ITC-AP08.MIE (Orde 27-4-1982, BOE do 7 de maio).

-Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo superior da actual formación profesional específica

nalgunha especialidade relacionado con este regulamento, mais un curso de coñecementos específicos.

Situación transitoria: no prazo de 5 anos en virtude do RITE o título de formación profesional pode ser substituído por un curso relativo a coñecementos técnicos impartido por unha entidade recoñecida.

Regulado por:

Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e as súas instruccións técnicas complementarias e se crea a comisión asesora para instalacións térmicas dos edificios (RITE).

-Instalador de climatización.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo superior da actual formación profesional específica nalgunha especialidade relacionado con este regulamento, mais un curso de coñecementos específicos.

-Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo superior da actual formación profesional específica nalgunha especialidade relacionado con este regulamento, mais un curso de coñecementos específicos.

Situación transitoria: no prazo de 5 anos en virtude do RITE o título de formación profesional pode ser substituído por un curso relativo a coñecementos técnicos impartido por unha entidade recoñecida.

Regulado por:

Real decreto 1751/1998, de 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e as súas instruccións técnicas complementarias e se crea a comisión asesora para instalacións térmicas dos edificios (RITE).

-Mantedor de climatización.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo superior da formación profesional específica nalgunha especialidade relacionado con este regulamento, mais un curso de coñecementos específicos.

Situación transitoria: no prazo de 5 anos en virtude do RITE o título de FP pode ser substituído por

un curso relativo a conocimientos técnicos impartido por unha entidade recoñecida.

Regulado por:

Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e as súas instruccións técnicas complementarias e se crea a comisión asesora para instalacións térmicas dos edificios.

-Instalador electricista de baixa tensión.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión, como mínimo, un título de ciclo medio de formación profesional en equipos e instalacións electrotécnicas, ou titulación equivalente.

Regulado por:

Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, Decreto 2413/1973, do 20 de setembro (BOE nº 242, do 9 de outubro) e R.D. 2295/1985, do 9 de outubro (BOE nº 297, do 12 de decembro).

-Instalador de gas, categoría IG I.

Exame sobre coñecementos específicos sobre la normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo medio de formación profesional nalgunha especialidade relacionado con este regulamento ou ter recibido e superado un curso impartido por unha entidade recoñecida de conformidade co disposto na Orde do 17-12-1985.

Regulado por:

Orde do 17 de decembro de 1985 (BOE 9-1-1986) pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados e empresas instaladoras.

-Instalador de gas, categoría IG II.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo superior da formación profesional específica nalgunha especialidade relacionado con este regulamento ou ter recibido e superado un curso impartido por unha entidade recoñecida de conformidade co disposto na Orde do 17-12-1985.

Cando o interesado estea en posesión, cunha antigüidade mínima de dous anos do carné de IG-I, será suficiente superar un curso teórico práctico, e supera-las probas teóricas sobre este.

Regulado por:

Orde do 17 de decembro de 1985 (BOE 9-1-1986) pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados e empresas instaladoras.

-Instalador de gas, categoría IG III.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dunha titulación universitaria de grao medio ou superior de especialidade técnica.

Cando o interesado estea en posesión, cunha antigüidade mínima de dous anos do carné de IG-II e xustifique un mínimo de 15 instalacións da súa categoría, será suficiente superar un curso teórico práctico, e supera-las probas teóricas sobre este.

Regulado por:

Orde do 17 de decembro de 1985 (BOE 9-1-1986) pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados e empresas instaladoras.

-Instalador de gas, categoría IG IV.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dunha titulación universitaria de grao medio ou superior de especialidade técnica.

Cando o interesado estea en posesión, cunha antigüidade mínima de dous anos do carné de IG-II ou IG-III, xustificando un mínimo de 15 instalacións nestas categorías, será suficiente superar un curso teórico práctico, e supera-las probas teóricas sobre este.

Regulado por:

Orde do 17 de decembro de 1985 (BOE 9-1-1986) pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados e empresas instaladoras.

-Instalador frigorista.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo medio formativo de la actual formación profesional ou equivalente que corresponda.

Regulado por:

R.D. 3099/1977, do 8 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade para plantas e instalacións frigoríficas.

-Instalador conservador-reparador frigorista.

Exame sobre coñecementos específicos sobre a normativa.

Estar en posesión como mínimo dun título de ciclo medio de la actual FP específica ou equivalente que corresponda.

Regulado por:

R.D. 3099/1997, do 8 de setembro, polo que se aproba el Regulamento de seguridade para plantas e instalacións frigoríficas.

-Instalador de aparellos para a preparación rápida de café.

Exame sobre coñecementos específicos sobre normativa.

Regulado por:

R.D. 1244/1979, do 4 de abril, polo que se aproba o Regulamento de aparellos a presión (BOE do 29 de maio) e: MIE- AP 14 (Orde 31-5-1985).

-Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café.

Exame sobre coñecementos específicos sobre normativa.

Regulado por:

R.D. 1244/1979, do 4 de abril, polo que se aproba o Regulamento de aparellos a presión (BOE do 29 de maio) e: MIE- AP 14 (Orde 31-5-1985).

-Recoñecemento de títulos e certificados.

O recoñecemento de títulos e certificados expedidos a nacionais dos estados membros da Unión Europea ou asociados ó Espacio Económico Europeo, será realizado de conformidade co disposto nos reais decretos 1665/1991, do 25 de outubro e 1396/1995, do 4 de agosto.

ANEXO II

Procedementos de autorización/renovación de empresas autorizadas por especialidades

Empresas de fontanería.

A execución das instalacións interiores de auga suxeitas ás normas básicas serán realizadas unicamente por empresas que teñan a cualificación empresarial de empresa instaladora, concedida pola delegación provincial da consellería competente en materia de industria.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de fontanería será necesario reuni-los requisitos seguintes:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de fontanería. No caso de entidades, estas deberán contar no seu cadro de persoal cunha persoa, como mínimo, en posesión do carné de instalador.

-Acreditar ante a delegación provincial da consellería competente en materia de industria a disposición dos medios técnicos suficientes para realiza-las instalacións.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas e no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Fotocopia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento das taxas.

-Póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

O certificado de empresa instaladora terá unha validez de tres anos, debendo ser renovado antes de termina-lo prazo.

Para a renovación será necesario presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social ou xustificante de pagamento do réxime especial de autónomos.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Declaración de medios técnicos.

-Último recibo da póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Acreditar instaladores autorizados na empresa.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Operador de caldeiras.

Non é necesario que exista unha empresa autorizada para o operador industrial de caldeiras.

Empresa instaladora de calefacción e auga quente sanitaria.

A execución de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria será realizada polas empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente a obtención ou renovación da autorización.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de calefacción e auga quente sanitaria será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de calefacción e auga quente sanitaria. No caso de sociedades, estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo con instalador autorizado e sempre que o cadro de persoal da empresa sexa superior a 10 operarios, un instalador autorizado por cada 10 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria a disposición dos medios técnicos suficientes.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Dispoñer de póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 30.870.000 pesetas actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social, ou xustificante de pagamento do réxime especial de autónomos.

-Xustificante de pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer de persoal técnico en posesión do carné de instalador autorizado necesario para exerce-la actividade no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización. No caso de que non variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, presentación da declaración xurada.

-Último recibo da póliza de seguro de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de climatización.

A execución das instalacións de climatización serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente, a obtención ou renovación da autorización.

A autorización da empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de climatización será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de climatización. No caso de entidades, estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun instalador autorizado e sempre que o número de operarios sexa superior a 10, cun instalador autorizado por cada 10 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, á disposición dos medios técnicos suficientes.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Dispoñer de póliza de seguro de responsabilidade civil dunha contía mínima de 30.870.000 pesetas actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer do persoal técnico en posesión do carné de instalador autorizado necesario para exerce-la actividade, no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización. En caso de que non variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, presentación de declaración xurada.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

-Empresa mantedora de calefacción e auga quente sanitaria.

O mantemento ou reparación de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria serán realizados por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa mantedora-reparadora.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente, a obtención ou renovación da autorización.

A autorización de empresa mantedora-reparadora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa mantedora-reparadora de calefacción e auga quente sanitaria será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de mantedor-reparador de calefacción e auga quente sanitaria. No caso de entidades estas deberán contar na seu cadro de persoal como mínimo cun carné de mantedor-reparador autorizado por cada 10 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente á disposición dos medios técnicos suficientes.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Dispoñer de póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 30.870.000 pesetas actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social, ou xustificante de pagamento do réxime especial de autónomos.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificante de dispoñer do persoal técnico necesario para o exercicio da actividade no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización. No caso de que non variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, declaración xurada.

-Último recibo da póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa mantedora de climatización.

O mantemento ou reparación de instalacións de climatización serán realizados por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa mantedora-reparadora.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial de la consellería competente en materia de industria correspondente, a obtención ou renovación da autorización.

A autorización de empresa mantedora-reparadora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención de empresa mantedora-reparadora de climatización será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de mantedor-reparador de climatización. No caso de entidades estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun carné de mantedor-reparador autorizado por cada 10 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria corres-

pondente á disposición dos medios técnicos necesarios para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Dispoñer de póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 30.870.000 pesetas, actualizadas segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificante de dispoñer do persoal técnico necesario para o exercicio da actividade no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización. No caso de que non variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, declaración xurada.

-Últimos TC 2 da Seguridade Social.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de electricidade en baixa tensión.

A execución de instalacións eléctricas serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresas instaladoras.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial competente en materia de industria a obtención ou renovación da autorización.

A autorización da empresa instaladora terá unha validez de tres años e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de electricidade en baixa tensión será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador electricista de baixa tensión. No caso de entidades estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun carné de instalador autorizado por cada 10 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria corres

pondente á disposición dos medios técnicos necesarios para exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Dispoñer de póliza de responsabilidade civil por unha contía mínima de 30 millóns de pesetas actualizada segundo IPC.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificante de dispoñer de persoal técnico necesario para o exercicio da actividade, no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar a súa autorización. No caso de que non variasen, declaración xurada.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de gas, categoría IG-I.

A execución das instalacións de gas comprendidas no anexo B da Orde do 17 de decembro de 1985 sobre instaladores de gas e empresas instaladoras de categoría IG-I, serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora IG-I.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, a obtención ou renovación da autorización correspondente.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de gas categoría IG-I, será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de gas categoría IG-I. No caso de entidades, estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun instalador autorizado na categoría IG-I por cada 5 operarios ou fracción.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, á disposición dos medios técnicos suficientes para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Ter cuberta a responsabilidade civil que poida derivarse das súas actuacións e garantías, mediante unha póliza de seguros por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer do persoal técnico en posesión do carné de instalador autorizado IG-I necesario para exercer a actividade no posto de que variaran as circunstancias que deron lugar a súa autorización, en caso contrario declaración xurada.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de gas, categoría IG-II.

A execución das instalacións de gas comprendidas no anexo B da Orde do 17 de decembro de 1985 sobre instaladores de gas e empresas instaladoras de categoría IG-II, serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora IG-II.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, a obtención ou renovación da autorización correspondente.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de gas categoría IG-II, será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de gas categoría IG-II. No caso de entidades, estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun instalador autorizado na categoría IG-II por cada

10 operarios ou fracción, e contar no seu cadro de persoal cun técnico titulado competente.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente á disposición dos medios técnicos suficientes para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Ter cubierta a súa responsabilidade civil que poida derivarse das súas actuacións e garantías, mediante unha póliza de seguros por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer do persoal técnico en posesión del carné de instalador autorizado IG-II necesario para exerce-la actividade no posto de que variasen as circunstancias que deron lugar a súa autorización, no caso contrario declaración xurada.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de gas, categoría IG-III.

A execución das instalacións de gas comprendidas no anexo B da Orde do 17 de decembro de 1985 sobre instaladores de gas e empresas instaladoras de categoría IG-III, serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora IG-III.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, a obtención ou renovación da autorización correspondente.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de gas categoría IG-III, será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de gas categoría IG-III. No caso de entidades, estas deberán

contar no seu cadro de persoal como mínimo cun instalador autorizado na categoría IG-III por cada 10 operarios ou fracción, e contar no seu cadro de persoal cun técnico titulado competente.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente á disposición dos medios técnicos suficientes para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Ter cuberta a súa responsabilidade civil que poida derivarse das súas actuacións e garantías, mediante unha póliza de seguros por unha contía mínima de 60 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer do persoal técnico en posesión do carné de instalador autorizado IG-III necesario para exerce-la actividade no posto que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, no caso contrario declaración xurada.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora de gas, categoría IG-IV.

A execución das instalacións de gas comprendidas no anexo B da Orde do 17 de decembro de 1985 sobre instaladores de gas e empresas instaladoras de categoría IG-IV, serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora IG-IV.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, a obtención ou renovación da autorización correspondente.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora de gas categoría IG-IV, será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Estar en posesión do carné de instalador de gas categoría IG-IV. No caso de entidades, estas deberán contar no seu cadro de persoal como mínimo cun instalador autorizado na categoría IG-IV por cada 10 operarios ou fracción, e contar no seu cadro de persoal cun técnico titulado competente.

Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente á disposición dos medios técnicos suficientes para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

-Ter cuberta a súa responsabilidade civil que poida derivarse das súas actuacións e garantías, mediante unha póliza de seguros por unha contía mínima de 60 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificación de dispoñer do persoal técnico en posesión do carné de instalador autorizado IG-IV necesario para exerce-la actividade no posto que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización, no caso contrario declaración xurada.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora frigorista.

A execución de instalacións frigoríficas será realizada por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresas frigoristas.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial competente en materia de industria a obtención ou renovación da autorización.

A autorización de empresa instaladora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora frigorista será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Contar no seu cadro de persoal como mínimo con dous instaladores autorizados.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente, á disposición dos medios técnicos necesarios para o exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Dispoñer de póliza de responsabilidade civil por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificante de dispoñer de persoal técnico necesario para o exercicio da actividade, no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar a súa autorización. No caso de que non variasen, declaración xurada.

-Última póliza do seguro de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa conservadora-reparadora frigorista.

O mantemento ou reparación de instalacións frigoríficas serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresas conservadora-reparadora frigorista.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial da consellería competente en materia de industria a obtención ou renovación da autorización.

A autorización da empresa conservadora-reparadora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa conservadora-reparadora frigorista será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Contar no seu cadro de persoal como mínimo con dous instaladores autorizados.

-Acreditar ante a delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente á disposición dos medios técnicos necesarios para exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade, de se-lo caso.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Dispoñer de póliza de responsabilidade civil por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no especial de autónomos segundo corresponda.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Xustificante de dispoñer de persoal técnico necesario para o exercicio da actividade, no suposto de que variasen as circunstancias que deron lugar á súa autorización. Caso de que non variasen, declaración xurada.

-Última póliza de seguro de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Empresa instaladora e conservadora-reparadora de cafeteiras.

A instalación, mantemento ou reparación de cafeteiras serán realizadas por empresas que posúan a cualificación empresarial de empresa instaladora e conservadora-reparadora de cafeteiras.

As empresas interesadas deberán solicitar da delegación provincial de industria e comercio correspondente a obtención ou renovación da autorización.

A autorización de empresa instaladora e conservadora-reparadora terá unha validez de tres anos e deberá ser renovada antes de que finalice o prazo.

Para a obtención do certificado de empresa instaladora e conservadora-reparadora de cafeteiras será necesario reuni-los seguintes requisitos:

-Solicitude normalizada.

-Contar no seu cadro de persoal cun profesional autorizado en posesión del carné.

-Acreditar diante da delegación provincial da consellería competente en materia de industria correspondente, á disposición dos medios técnicos necesarios para exercicio da actividade.

-Copia do DNI do representante da empresa.

-CIF da sociedade.

-Escritura de constitución da sociedade.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Dispoñer de póliza de responsabilidade civil por unha contía mínima de 25 millóns de pesetas, actualizada segundo IPC.

-Estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

-Estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, ou no de especial de autónomos segundo corresponda.

Para a renovación da autorización deberá presenta-la seguinte documentación:

-Copia do DNI do representante da empresa.

-Último recibo do IAE.

-Últimos TC2 da Seguridade Social.

-Xustificante do pagamento de taxas.

-Acreditación do persoal técnico autorizado.

-Última póliza de seguros de responsabilidade civil a terceiros.

-Estar inscrita no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

ANEXO III

Modelos e características dos carnés profesionais

Os carnés de tódalas especialidades responderan ó modelo que correspondan coas seguintes características:

Material: PVC (cloruro de vinilo) laminado ou equivalente.

Tamaño: 85,69 mm de longo por 53,98 mm de largo.

Grosor: 0,76 mm.

Suxeitas as normas ISO 7810 e 7811.

Fotografía integrada por dixitalización á cor.

Anverso: fondo cuatricomía.

Reverso: fondo branco con tipo de letra negra.