Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 648

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 2000 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado San Miguel 2 de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Miguel 2, sito na rúa Tomás A. Alonso, 13, de Vigo, no que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que, mediante escritura pública notarial, Colegio San Miguel S.L. y Otros cede a súa

titularidade, para tódolos efectos, a Colegio San Miguel, S.L.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado San Miguel 2, sito na rúa Tomás A. Alonso, 13, de Vigo, a favor de Colegio San Miguel, S.L., con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista Colegio San Miguel, S.L. y Otros, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria