Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

EDICTO.

O Pleno da Corporación aprobou o prego de cláusulas que rexerá o concurso para contratar, por procedemento aberto, tramitación ordinaria, a subministración de materiais para a obra do PIEL para o ano 2000.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Gudiña, avenida Beato Aparicio, nº 76, 32540 A Gudiña. Teléfono: 988 59 40 06. Fax: 988 42 10 81. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría, onde se poderá obter copia do prego de condicións.

2. Obxecto do contrato: a subministración de materiais para a obra do PIEL/2000, segundo o respectivo proxecto técnico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prezo: o prezo non se sinala, debe ser ofertado polos licitadores para cada artigo que se relaciona no prego de cláusulas administrativas, no que estará comprendido o IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 200.000 pesetas.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP e no DOG. Se o último día fose inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

7. Apertura de ofertas: ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para dar cumprimento ó establecido no artigo 326 da Lei 3/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

A Gudiña, 14 de decembro de 2000.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde