Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 23 de novembro de 2000, o estudio de detalle da unidade de actuación 4.1.3 promovido por Supema, S.L., sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cangas, 20 de decembro de 2000.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde