Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

De acordo co previsto nos artigos 100 e seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o artigo 136 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, por resolución da Alcaldía do 1-12-2000, unha vez superados o período de prácticas e o curso de formación básica para policías locais da Academia Galega de Seguridade, acordouse o nomeamento de Emilio Sayáns Bonachera, con DNI 52.434.350-P e de David Souto Doldán, con DNI 79.317.596-A, como funcionarios de carreira da escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase garda, da escala executiva da policía local, grupo D.

Malpica de Bergantiños, 7 de decembro de 2000.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente