Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de inspeccións periódicas e mantemento predictivo das áreas críticas deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 1-A/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumprimentados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de inspeccións periódicas e mantemento predictivo das áreas críticas (quirófanos, UCIS, coronarias, neonatoloxía, marcapasos, intervencionismo, etc.) do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento: 10.992.000 pesetas. (dez millóns novecentas noventa e dúas mil pesetas), IVE incluido.

66.063,25 euros (sesenta e seis mil sesenta e tres euros, con vintecinco céntimos).

3. Garantías.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto.

5. Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2001 ou data de comezo efectivo da vixencia do contrato, unha vez formalizado. Antes da súa finalización este contrato poderá prorrogarse nos ter

mos previstos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios do artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

9. Criterios de adxudicación:

a) Prezo: 4 puntos.

b) Procedementos de actuación segundo o plan de calidade previsto polo licitador: 3 puntos.

c) Melloras concretadas mediante o establecemento dun plan de asistencia técnica: 3 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario -A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago -A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Jordi Riba Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela