Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 27 de novembro de 2000, e co obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Anúnciase concurso por procedemento aberto, para adxudica-la obra denominada: construcción dun centro de queixo artesán-1ª fase, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: a contratación da referida fase da dita obra, por un orzamento de execución por contrata de 14.453.291 pesetas, utilizando para iso o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 22 de setembro de 2000; (que está publicado no BOP nº 198, do 29 de agosto de 2000); o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato: a fase obxecto desta contratación deberá estar executada no prazo de tres meses, debendo inicia-las obras a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación: 14.453.291 pesetas, IVE incluído.

4. Gastos e honorarios do técnico director da obra: serán por conta do contratista, de maneira que o importe resultante por ese concepto será obxecto de retención nos pagamentos que se lle efectúen ó contratista adxudicatario, para facelos efectivos o técnico director.

5. Revisión de prezos: atendendo á natureza desta obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e, por tanto, non se aplicará ningunha fórmula de revisión de prezos.

6. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, -acompañada da súa relación valorada-, expedida polo técnico director das obras, logo de aprobación pola Comisión de Goberno do concello; e farase efectivo con cargo á partida 433.C1.622.00, denominada construcción centro queixo. Obras de edificación e instalación do capítulo VI investimentos reais, do estado de gastos do orzamento municipal do presente exercicio, que se considerará prorrogado para o exercicio económico do ano 2001, no suposto de que ó iniciarse o referido exercicio non entrase en vigor o orzamento municipal correspondente.

7. Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, e poderase obter copia deste.

8. Garantía definitiva: será requisito previo e necesario para a formalización do contrato, e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

9. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes.

11. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante os vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece, e nos tres sobres pechados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

12. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada.

13. Criterios para a adxudicación do concurso: serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Reducción de prazos na execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

14. Modelo de proposición económica: o recollido na cláusula 14 do referido prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

Arzúa, 4 de decembro de 2000.

Manuel Moscoso López

Alcalde