Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a subministración de apósitos, vendas e esparadrapos e outros (C.P. 11, 12 e 13/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7º, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C.P. 11/2001.

Obxecto: subministración de apósitos.

Lote nº 1: apósito 10X20 estéril.

Lote nº 2: apósito biolóxico antiescaras.

Lote nº 3: apósito para traqueotomía.

Lote nº 4: apósito protector mini.

Lote nº 5: celulosa (U:1/2 Kg).

Lote nº 6: tirita unidade (env/200).

Lote nº 7: apósito biolóxico Biobrane 13X38.

Lote nº 8: tapón nasal.

Lote nº 9: lentinas.

Orzamento: 37.325.400 pesetas (224.330,18 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

Nº referencia expediente: C.P. 12/2001.

Obxecto: subministración de vendas.

Lote nº 1: venda crepé.

Lote nº 2: venda algodón.

Lote nº 3: venda gasa algodón 100%.

Lote nº 4: venda autoadhesiva.

Lote nº 5: venda xeso fraguado rápido.

Orzamento: 24.420.520 pesetas (146.770,29 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

Nº referencia expediente: C.P. 13/2001.

Obxecto: subministración de esparadrapos e outros.

Lote nº 1: esparadrapo tela 10X10.

Lote nº 2: esparadrapo seda 10X10.

Lote nº 3: inmobilizador cabeza de úmero.

Lote nº 4: collar filadelfia.

Lote nº 5: inmobilizador clavícula.

Lote nº 6: faixa postoperados.

Orzamento: 20.665.200 pesetas (124.200,36 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), de subministración sucesivas.

II. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado

desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 11 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza