Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. a 132 kV subestación de Lomba-subestación de Ventoada, no concello de Muras e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 31/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización

de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se sinala a continuación:

a) Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

b) Finalidade: evacuación da enerxía xerada nos parques eólicos de Álabe-Lomba e Álabe-Ventoada.

c) Características técnicas principais:

1. Liña aérea de alta tensión a 132 kV para interconexión das subestacións eléctricas dos parques eólicos Álabe-Lomba e Álabe-Ventoada, de 1.598 m de lonxitude, composta por un circuíto con un conductor por fase LA-180 sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afecados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e, no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.A.T. 132 kV Sub. Lomba-Sub. Ventoada

Termo municipal de Muras

Datos do proxectoDatos catastrais

ParcelaApoioApoio

ramal

Superficie

apoio

(m)

Voo

(m.l.)

Servidume

permanente

(m)

Ocupación

temporal

(m)

PolígonoParcelaPropietarioDomicilioPoboaciónNatureza

11, 2, 3 e 4010893128.15028.1500M.V.M.C. da Balsa. Pte.: José Trastoy ReigosaA Fonqueixeira-A Balsa C.P. 27836MurasMa-Mb