Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 102/1996, do 29 de febreiro, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 23-11-2000, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Castro de Rei e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda Muralla, 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do turno municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de con

centración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 5 de decembro de 2000.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo