Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Fundación Instituto da Construcción Val de Lemos a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por José Juan Meijide Calvo en representación da Fundación Instituto da Construcción Val de Lemos e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado por R.D. 1751/1998 do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, a Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Concederlle á Fundación Instituto da Construcción Val de Lemos autorización como entidade recoñecida para impartir os cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia de Lugo.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberáselles comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente, o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria