Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 10/2000 SE

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

c) Prazo de execución: do 1 de febreiro de 2001 ó 31 de xaneiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Oficina Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, nº 14 baixo 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12.15 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria