Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 561

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 29 de decembro de 2000 pola que se regula a solicitude única, no ano 2001, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras.

O Regulamento (CEE) 3508/1992, do consello, do 27 de novembro, establece un sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, que ten como obxectivo fundamental aumenta-la eficacia e rendibilidade dos mecanismos de xestión e control, co fin de que non se perciba unha dobre axuda con base nunha superficie concreta ou por un animal determinado.

No Regulamento (CEE) 3887/1992, da comisión, do 23 de decembro, establécense as normas de aplicación do sistema integrado de xestión e control relativo ós réximes de axuda ós productores de determinados cultivos herbáceos, de prima en favor dos productores de carne de vacún e de carne de ovino e cabrún.

Polo que se refire a cultivos herbáceos, o Regulamento (CE) 1251/1999, do consello, do 17 de maio, establece un réxime de apoio ós productores de determinados cultivos herbáceos, baseado na concesión de pagamentos compensatorios, por unha superficie que estea sementada de cultivos herbáceos ou que fora

retirada do cultivo e que non supere unha superficie básica rexional.

As disposicións de aplicación das axudas por superficie mencionadas establécense nos Regulamentos (CE) da comisión 1586/1997, do 29 de xullo, e 2316/1999, do 22 de outubro.

Así mesmo, o Regulamento (CE) 1673/2000, do consello, do 27 de xullo, polo que se establece a organización común de mercados no sector do liño e do cánabo, dispón a concesión dunha axuda para o liño destinado á producción de fibras e para o cánabo.

Noutra orde de cousas, o Regulamento (CE) 1577/1996, do consello, do 30 de xullo, polo que se establece unha medida específica en favor de determinadas leguminosas de gran, establece unha axuda por hectárea para as sementeiras de lentellas, garavanzos, vezas e eros, cunha superficie máxima garantida de 400.000 ha para o conxunto da Unión Europea, dispoñendo así mesmo que se aplicará o sistema integrado de xestión e control á devandita medida.

Polo que se refire ás primas gandeiras, o Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, do 17 de maio, establece a nova organización común de mercados no sector da carne de vacún, no que se prevén varias axudas para os productores que exercen a actividade no sector, e o Regulamento (CE) 2467/1998, do consello, do 3 de novembro, que establece a organización común de mercados no sector das carnes de ovino e cabrún, establecen a concesión dunha prima en beneficio dos productores de carne de ovino e cabrún, co obxecto de compensa-las súas perdas de renda durante a campaña de comercialización. Así mesmo, establécese, a partir da campaña 1993, tanto para a prima a vacas nutrices como para a prima en beneficio dos productores de carne de ovino e cabrún, un límite individual de dereitos á prima por productor.

Por outra parte, o Regulamento (CE) 1323/1990, do consello, do 14 de maio, establece unha axuda específica para a cría de ovinos e cabrúns en determinadas zonas desfavorecidas da comunidade.

Debe terse en conta, ademais, que o Regulamento (CE) 1760/2000, do consello, do 17 de xullo, establece un sistema de identificación e rexistro dos animais, e que o Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, incorpora requisitos relativos á identificación e ó rexistro dos animais da especie bovina.

Por outra parte, no capítulo V do Regulamento (CE) 1257/1999, do consello, do 17 de maio, sobre axuda ó desenvolvemento rural, e no Regulamento (CE) 1750/1999, da comisión, do 23 de xullo, que establece as disposicións de desenvolvemento do anterior, defínense as condicións básicas para a percepción das indemnizacións compensatorias en determinadas zonas desfavorecidas, co obxectivo de asegurar un uso continuado das terras agrarias, contribuindo ó mantemento dunha comunidade rural viable.

Así mesmo, a decisión da comisión, do 24 de novembro de 2000, aproba o documento de programación sobre desenvolvemento rural (medidas de acompañamento) para España, referido ó período 2000-2006, no que se detallan as condicións para a aplicación da medida de indemnización compensatoria no devandito período.

Por último, nos reais decretos 1893/1999, do 10 de decembro, sobre pagamentos por superficie a determinados productos agrícolas, e 1973/1999, do 23 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería, especifícanse os marcos básicos da tramitación, resolución, pagamento e control desas axudas en España.

O Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, ten atribuídas, entre outras, competencias para a xestión das accións derivadas da Política Agrícola Común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a anterior e establece a súa estructura orgánica, así como dos decretos 25/1998, do 22 de xaneiro, e 180/2000, do 22 de xuño, que modifican o anterior.

De acordo coa normativa comunitaria aplicable, constituída basicamente polo Regulamento 1258/1994, do consello, do 11 de maio, desenvolvido polo Regulamento 1663/1995, da comisión, do 7 de xullo, e co Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, que crea o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) como organismo de coordinación dos diversos organismos pagadores que puideran constituírse nas distintas comunidades autónomas, constituíndose en Galicia, como organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía, o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

De acordo con todo o exposto, a razón da presente orde, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria correspondente que, en parte, se transcribe para unha maior operatividade, é defini-las normas de aplicación e o procedemento para a tramitación e concesión de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, dentro dunha solicitude única no ano 2001, así como doutras primas gandeiras non incluídas nela nesta Comunidade Autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo ó orzamento de gastos do Ilgga para o exercicio do ano 2001.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. A presente orde regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión ós titulares de explotacións agrarias situadas en Galicia das seguintes axudas para o ano 2001:

1.1. Axudas incluídas na solicitude única de axudas superficies e primas gandeiras:

a) As axudas por superficies, recollidas no Regulamento (CE) 1251/1999, do consello, do 17 de maio, ós productores de determinados cultivos herbáceos.

b) As axudas por superficie para certas leguminosas grano (lentellas, garavanzos, vezas e ervellas), establecidas no Regulamento (CE) 1577/1996, do consello, do 30 de xullo.

c) A prima en beneficio ós productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 6 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

d) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrices, establecida no devandito artigo 6.

e) O pagamento por extensificación para os beneficiarios da prima especial, prima á vaca nutriz ou ámbalas dúas, establecida no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

f) A prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún establecida no artigo 5 do Regulamento (CE) 2467/1998.

g) A axuda específica para a cría de ovinos e cabrúns en determinadas zonas desfavorecidas da comunidade, establecida polo Regulamento (CE) 1323/1990.

h) A indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas conforme os artigos 13 a 20 do Regulamento (CE) 1257/1999.

1.2. Outras primas gandeiras:

a) A prima especial ós productores de carne de vacún establecida no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, do 17 de maio.

b) A prima por sacrificio de bovinos cando este se realice dentro da Unión Europea ou cando se exporten a un terceiro país, de acordo co artigo 11 do devandito Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

c) Os pagamentos adicionais segundo o disposto nos artigos 15 e 16 do dito regulamento.

2. Así mesmo, esta orde establece as bases para a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, de acordo co previsto nos regulamentos (CEE) 3508/1992, do consello, e (CE) 3887/1992, da comisión.

3. Para os efectos do disposto na presente orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia, deberá atoparse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o productor presente solicitude de axuda por superficies, de indemnización compensatoria ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie das parcelas relacionadas na devandita solicitude se atope en Galicia.

b) Nos demais casos, cando a maior parte da superficie da súa explotación dedicada á alimentación do gando polo que se solicite a prima se atope en Galicia.

Artigo 2º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Solicitude única.

Os interesados en obte-los pagamentos por superficie de cultivos herbáceos e leguminosas gran, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino-cabrún, axuda específica e indemnización compensatoria de montaña, deberán presentar unha única solicitude de acordo cos modelos do anexo I.

2. Solicitude doutras primas gandeiras.

Para a prima especial ós productores de carne de vacún e para a prima ó sacrificio poderase presentar máis dunha solicitude ó longo do ano de maneira individualizada.

3. O Ilgga poderá asinar convenios de colaboración con entidades financeiras para lles facilitar ós productores a tramitación das axudas incluídas na solicitude.

4. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por él no seu nome.

5. Coas solicitudes achegaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF, DNI ou etiqueta de identificación fiscal do solicitante e do cónxuxe. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar ademais, fotocopia do NIF.

b) Certificado da entidade financeira acreditativo do código conta-cliente da titularidade do solicitante para a transferencia das axudas ou selo da entidade financeira no impreso indicativo da conta bancaria.

c) Documento de autorización de sinatura da solicitude se non é o titular quen asina e presenta a solicitude.

Artigo 3º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino cabrún, prima especial de vacún, prima ó sacrificio e indemnización compensatoria, empezará o día da publicación da presente orde no DOG e rematará o día 9 de marzo de 2001.

2. Malia o anterior:

a) As solicitudes de prima especial de vacún poderanse presentar ata o 31 de decembro do ano 2001.

b) As solicitudes de primas ó sacrificio e de pagamentos adicionais presentaranse dentro dos catro meses seguintes ó do sacrificio e, en todo caso, nos seguintes períodos:

a) Do 1 ó 31 de marzo de 2001.

b) Do 1 ó 30 de xuño de 2001.

c) Do 1 ó 30 de setembro de 2001.

d) Do 1 de decembro do ano 2001 ó 31 de xaneiro do ano 2002.

A primeira das solicitudes de prima ó sacrificio presentada por un productor constituirase en declaración de participación no réxime de axuda, de acordo co disposto no artigo 34 do Regulamento (CE) 2342/1999.

No caso de animais que se exporten vivos a terceiros países, o prazo de catro meses contarase a partir da data de exportación.

3. De acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3887/1992, as solicitudes presentadas dentro dos vintecinco días naturais seguintes ó do remate dos prazos

establecidos nos puntos 1 e 2 b) serán aceptadas, pero o importe das axudas será reducido nun 1% por cada día hábil de atraso, agás que este se producise por causas de forza maior. Se a declaración de superficies forraxeiras se presentase dentro do devandito prazo de vintecinco días, a penalización do 1% por cada día hábil aplicarase, ademais, sobre o importe das axudas no sector vacún, con independencia de que as solicitudes correspondentes a aquel se presentasen dentro do prazo establecido.

4. As solicitudes presentadas transcorridos vintecinco días naturais despois de rematados os prazos mencionados nos puntos 1 e 2 b), consideraranse como non presentadas.

Artigo 4º.-Lugar de presentación das solicitudes.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a solicitude única de axudas e as correspondentes a outras primas gandeiras presentaranse, preferentemente, na oficina agraria comarcal na que estea situada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude única.

Artigo 5º.-Definicións.

1. Definicións relativas a axudas por superficie e declaración de superficie forraxeira:

a) Explotación, o conxunto de unidades de producción xestionadas polo titular da explotación que se atopan no territorio do Estado español.

b) Titular da explotación, o productor agrícola individual, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español.

c) Parcela agrícola, a superficie continua de terreo na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo.

Considerarase como parcela agrícola a que conteña, á súa vez, árbores, sempre que o cultivo herbáceo ou os labores de barbeito, no caso de que sexa afectada polo cumprimento do requisito de retirada de terras, poidan ser realizadas en condicións similares ás das parcelas non arbóreas da mesma zona. Neste caso, a superficie para considerar para efectos de solicitude e concesión das axudas será a resultante de minora-la superficie ocupada polas árbores.

d) Superficie forraxeira, a superficie da explotación dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos ou cabrúns. Non se contabilizarán nesta superficie:

-As construccións, os bosques, as albercas e os camiños.

-As superficies que se empreguen para outros cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas, agás dos pastos permanentes polos que se concedan pagamentos por superficie, en virtude do artigo 17 do Regulamento (CE) 1254/1999 e do artigo 19 do Regulamento (CE) 1255/1999, do consello.

-As superficies ás que se aplique o réxime de apoio fixado para os productores de determinados cultivos herbáceos, utilizadas para réxime de axuda para as forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

A superficie forraxeira incluirá as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto.

e) Terra de pastoreo, a superficie ocupada por calquera producción vexetal espontánea ou sementada que proporciona alimento ó gando vacún ou ovino mediante pastoreo ou de maneira mixta (pastoreo e como forraxe, en verde ou conservado).

2. Definicións correspondentes ás axudas ó sector vacún:

a) Productor de carne de vacún, o gandeiro, persoa física ou xurídica ou agrupación destas persoas físicas ou xurídicas, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español e que se dedique á cría de animais da especie bovina.

b) Explotación de vacún, o conxunto de unidades de producción administradas polo productor, e situadas no territorio do Estado español.

c) Touro, un animal macho non capado da especie bovina.

d) Boi, un animal macho capado da especie bovina.

e) Vaca nutriz, a vaca que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado a cría de becerros para a producción de carne.

f) Xovenca, o bovino femia a partir de oito meses de idade que non parira.

3. Definicións correspondentes ás axudas ó sector ovino e cabrún:

a) Productor de carne de ovino e cabrún, o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de forma permanente os riscos e a organización da cría de, polo menos, dez ovellas e, en todo caso, dez ovellas ou cabras, nas explotacións situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña das de Lugo e A Coruña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) 1257/1999, do consello, do 17 de maio, relativo a axudas ó desenvolvemento rural.

b) Explotación de ovino/cabrún, o conxunto de unidades de producción administradas polo productor ou postas á súa disposición e situadas no territorio español.

c) Productor de cordeiros lixeiros, todo productor de gando ovino que comercialice leite de ovella ou productos lácteos a base de leite de ovella.

d) Productor de cordeiros pesados, o resto dos productores de ovino.

e) Productor en zona desfavorecida, aquel que teña situada a súa explotación nas zonas definidas no artigo 17 do Regulamento (CE) 1257/1999, do consello.

No caso de que teña unidades de producción en distintas zonas, tamén será considerado productor en zona desfavorecida cando, polo menos, o 50 por 100

da superficie dedicada á agricultura estea en zona desfavorecida.

f) Ovella elixible, toda femia da especie ovina que parira polo menos unha vez ou que teña, como mínimo, un ano o derradeiro día do período de retención.

g) Cabra elixible, toda femia da especie cabrúa que parira polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o derradeiro día do período de retención.

4. Definicións correspondentes á indemnización compensatoria:

a) Explotación agraria.

O conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fins de mercado e que constitúe, en si mesma, unha unidade técnico-económica.

b) Titular de explotación.

A persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria, organizando os bens e dereitos integrantes da explotación, con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidade civil, social e fiscal que poidan derivarse da xestión da explotación.

c) Agricultor a título principal.

O agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50% da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación e o seu tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

d) Explotacións agrarias prioritarias.

Son as explotacións agrarias familiares e as asociadas que están cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións.

e) Módulo base.

É a cantidade que hai que pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

f) Boas prácticas agrarias.

Enténdense como tales as que aplica un agricultor responsable na súa explotación e que inclúen o cumprimento dos requisitos ambientais obrigatorios e as que definiu, expresamente, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para as actuacións en zonas desfavorecidas e que se indican no anexo 20.

Capítulo II

Das solicitudes de axudas por superficie

Artígo 6º.-Plan de rexionalización e subsuperficies.

1. As zonas homoxéneas de producción, determinadas de acordo co establecido no Plan de Rexionalización Productiva, así como os índices de barbeito, os rendementos medios dos cereais en secaño, de cereais en regadío, de millo en regadío e doutros cereais en regadío, diferenciados por provincia e comarca agraria, que servirán de base para a aplicación do sistema de pagamentos por superficie ós productores de determinados cultivos en Galicia, son os que se indican no anexo 3.

2. As subsuperficies básicas de secaño e de regadío correspondentes a Galicia son de 75.399 ha e 2000 ha respectivamente. Desta superficie total de regadío, 500 ha corresponden a millo.

3. Para os efectos da percepción de pagamentos por superficies en regadío, terán a consideración de regadío as parcelas agrícolas catastradas como de regadío.

Artigo 7º.-Retirada de terras.

1. Aqueles productores que soliciten pagamentos por unha superficie que non exceda da necesaria para producir 92 toneladas de cereais, en función dos rendementos determinados no Plan de Rexionalización Productiva (anexo 3) para cada comarca e tipo de cultivo que figure na solicitude, non estarán obrigados a retirar terra da producción. Polo tanto, toda a retirada de cultivo que realicen ten a consideración de voluntaria e, en consecuencia, ha de respecta-lo límite establecido para ela.

2. Os productores non incluídos no número 1, que soliciten un pagamento por superficie están suxeitos á obriga de retirar da producción parte da terra das súas explotacións e percibirán unha compensación por esta obriga.

Esta obriga poderá cumprirse mediante as seguintes modalidades:

a) Retirada fixa, que implica un compromiso de retirada das parcelas afectadas durante un período plurianual non superior a cinco anos, aplicándose o establecido no artigo 20 do Regulamento (CE) 2316/1999, da comisión.

b) Retirada libre, que non esixe ningún compromiso plurianual respecto ás parcelas que han de retirarse do cultivo.

3. Considérase retirada voluntaria a realizada nunha porcentaxe superior ó 10% establecida como básica obrigatoria pola regulamentación comunitaria desde a campaña de comercialización 2000/2001 ata a campaña de comercialización 2006/2007.

A retirada voluntaria poderá alcanzar ata o 10% da superficie total pola que se solicitan pagamentos en secaño ou en regadío, ou superalas nos casos previstos no número 3 do artigo 11 do Real decreto 1893/1999.

4. Para poder percibi-los pagamentos correspondentes en terras retiradas do cultivo realizarase o barbeito, de acordo coas directrices que se indican no anexo 4.

Artigo 8º.-Requisitos para optar ós pagamentos por superficie ós productores de liño destinados á producción de fibra.

O pagamento por superficie de liño destinado á producción de fibra supeditarase, segundo os casos, á presentación dunha copia dun dos contratos ou do compromiso ós que se refire o número 1 do artigo 2 do Regulamento (CE) 1673/2000, do consello, do 27 de xullo, polo que se establece a organización común do mercado no sector do liño e do cánabo destinados á producción de fibra. Ademais, os agricultores deberán utilizar nas sementeiras unicamente sementes certificadas das variedades autorizadas que figuran no anexo 7, nas doses mínimas que se indican

no anexo 5. Non obstante, cando se reutilicen as súas sementes, procedentes da campaña anterior, as doses mínimas incrementaranse nun 20 por 100.

Artigo 9º.-Requisitos para optar ós pagamentos por superficie ós productores de oleaxinosas.

Para poder optar ós pagamentos por superficie de oleaxinosas, os agricultores deberán utilizar nas sementeiras sementes en doses acordes coas prácticas tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de oleaxinosas. Para as sementeiras de oleaxinosas só se poderá utilizar semente certificada. En todo caso, os agricultores axustaranse ó disposto nos artigos 3 e 4 do Regulamento (CE) 2316/1999, da comisión e utiliza-las doses mínimas de sementeira do anexo 5.

Artigo 10º.-Superficie mínima pola que se poden solicitar axudas.

A superficie mínima pola que se poden solicitar axudas por superficie para cereais, oleaxinosas e proteaxinosas é de 0,30 ha no conxunto deses cultivos.

A superficie de retirada deberá ter unha extensión de, polo menos, 0,3 ha, por parcela indivisa e un largo de 20 metros, como mínimo, agás os casos indicados no artigo 17 do Real decreto 1893/1999.

Artigo 11º.-Contido das solicitudes de axudas por superficies.

1. Na solicitude de axuda por superficies deberán relacionarse a totalidade das parcelas agrícolas e das superficies forraxeiras da explotación, que incluirán tódalas utilizacións presentes nela.

2. Para cada parcela agrícola deberá, así mesmo, indicarse, no impreso PA do anexo I:

a) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, constituídas por provincia, municipio, polígono e parcela (zona catastral ou de concentración parcelaria, se é o caso), así como a superficie catastral e superficie sementada, en hectáreas, con dous decimais e o nome do predio ou lugar, no seu caso.

Nos casos de superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, só se anotarán as referencias catastrais relativas á situación das distintas parcelas (provincia e municipio) con indicación expresa do nome do monte veciñal ou similar, a superficie forraxeira total e a superficie utilizada.

b) A especie cultivada, indicando a variedade, cando se trate de liño téxtil, e o grupo de cultivo ó que pertence, en función da finalidade da declaración realizada, segundo se especifica nos anexos 6 e 7 desta orde.

Se é o caso, o solicitante diferenciará se a parcela agrícola debe ser tida en conta como superficie forraxeira, ben para efectos de carga gandeira ou de utilización para obter forraxes desecadas (non percibindo, entón, axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela), ou se está sementada de cultivos subvencionables (cereais, millo, oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas ou liño), ou ben se se trata doutras utilizacións.

No caso de liño téxtil, especificarase a data de sementeira e a dose de semente utilizada, segundo o anexo 8.

O tipo de retirada de cultivo, diferenciando entre: retirada obrigatoria (especificando se se trata de fixa ou non fixa) e retirada voluntaria (anexo 6). Especificarase, en tódolos tipos de retiradas, se se manterá a terra baleira ou cunha cuberta vexetal ou a outro tipo, segundo se indica no anexo 7.

c) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

d) As superficies ou parcelas agrícolas dedicadas á alimentación do gando ovino ou cabrún, nos casos previstos no artigo 28º.

e) Nas superficies ou parcelas agrícolas declaradas para efectos do cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, indicarase a parte destas que se considerarán como terras de pastoreo.

No caso de terras de pastoreo, indicarase se corresponden a superficies pastables ou de aproveitamento mixto (pastoreo e como forraxe verde ou conservada), de acordo co indicado no anexo 9.

3. A declaración de superficies para a presente campaña deberá de facerse de acordo coas referencias identificativas e superficies correspondentes co catastro vixente na data de publicación do padrón do ano 2000, aínda no caso de que o catastro fose renovado con posterioridade.

4. Naqueles termos municipais ou partes deles onde se estea executando a concentración parcelaria ou se procedera á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun catastro renovado, poderanse admiti-las novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos plans oficiais de concentración parcelaria en tanto non se dispoña dos novos datos de catastro. Estas zonas indicanse no anexo 10.

Artigo 12º.-Declaración de superficies forraxeiras.

1. Os productores que desexen obter algunha das axudas a explotacións gandeiras relativas á prima por vaca nutriz, prima nacional complementaria, prima especial a productores de carne de vacún ou pagamentos por extensificación, deberán presentar unha declaración de superficies forraxeiras.

2. Malia o anterior, estarán exentos de presenta-la declaración de superficies forraxeiras os productores que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Productores de vacas nutrices e de bovinos machos, cando o número de animais que deban tomarse en consideración para a determinación da carga gandeira da súa explotación non supere as 15 UGM e que, ademais, non desexen beneficiarse do pagamento por extensificación.

b) Productores de vacún que desexen beneficiarse, exclusivamente, das primas por sacrificio establecidas no artigo 20 desta orde.

c) Productores de ovino e cabrún que no desexen beneficiarse de primas no sector vacún, con excepción das primas por sacrificio establecidas nos artigos 22º a 25º desta orde, ou que desexen beneficiarse das primas de vacún pero se atopen englobados na letra a) deste punto.

Artigo 13º.-Documentación complementaria das solicitudes de axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras.

1. Ademais da documentación indicada no número 5 do artigo 2º, as solicitudes de axuda para superficies ou declaración de superficies forraxeiras deberán ir acompañadas de:

a) Fotocopia do padrón catastral correspondente ó ano 2000 ou certificado expedido polo Centro de Xestión Catastral Provincial, no caso de parcelas non incluídas na solicitude correspondente ó ano 2000, ou que foran recoñecidas con dereito a axuda na resolución desa campaña.

b) Certificado da autoridade competente, segundo modelo do anexo 11, no caso de montes veciñais en man común, ou similares, onde existan as superficies forraxeiras utilizadas conxuntamente por varios productores.

c) Bosquexos acoutados que permitan situar e localiza-las parcelas agrícolas (agás montes veciñais en man común ou similares), no caso de parcelas catastrais con superficie catastral superior a 10 ha e declaradas parcialmente.

d) No caso de declarar parcelas con referencias de catastro urbano, certificación da Xerencia Territorial de Catastro relativa ás devanditas e plano ou bosquexo que permita a súa perfecta identificación no terreo.

e) Para as superficies de regadío, certificado expedido polas xerencias territoriais do catastro, no que se acredite a superficie de regadío das parcelas catastrais que forman parte das parcelas declaradas. Quedarán exentas desta obriga as parcelas que recibiran pagamentos compensatorios como superficie de regadío na campaña anterior.

2. Nos controis que se efectúen poderáselle pedir ó titular da explotación que acredite a titularidade das parcelas e, se é o, que presente as facturas de compra das sementes utilizadas na sementeira dela, así como a documentación complementaria xustificativa das circunstancias indicadas na solicitude.

A xustificación insuficiente derivada do número anterior, poderá dar lugar á exclusión das parcelas controladas das axudas.

Artigo 14º.-Modificación das solicitudes de axudas por superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido na normativa comunitaria, os titulares de explotacións agrarias que presentaran as solicitudes de axuda superficies, poderán modificalas, sen penalización ningunha, ata o 31 de maio de 2000. Para tal efecto terase en conta o seguinte:

a) Non poderán engadirse novas parcelas agrícolas agás en casos especiais, debidamente xustificados mediante título lexítimo, tales como herdanza, compravenda ou arrendamento, ou outras circunstancias como casamento, falecemento etc.

b) Nos casos de parcelas de retirada da producción ou de superficies forraxeiras, será necesario, ademais, que as parcelas que se pretendan engadir fosen declaradas como retiradas da producción ou como superficies forraxeiras nunha solicitude doutro agricultor, e que a dita solicitude se correxira convenientemente.

c) Cando un agricultor decida utilizar para un cultivo afectado polo sistema integrado, unha parcela agrícola inicialmente declarada para un cultivo non afectado polo sistema integrado poderá incrementa-lo número de parcelas retiradas sempre que estas foran anteriormente declaradas e cumpran os requisitos esixidos para as parcelas de retirada no artigo 3 do Regulamento (CE) 762/1994, da comisión, do 10 de abril.

d) No que se refire á utilización ou ó réxime de axuda de que se trate, poderanse introducir modificacións en tódolos casos.

2. De conformidade co previsto no derradeiro páragrafo da letra a) do número 2 do Regulamento (CE) 762/1994, uhna parcela poderá eliminarse da solicitude de axuda superficies sempre que o agricultor o notifique por escrito ó Ilgga, antes de que devandito organismo lle dirixa calquera comunicación relativa ós resultados dos controis administrativos que teñan consecuencia sobre a parcela en cuestión, ou anunciado unha visita de inspección á explotación de que se trate.

3. As modificacións das solicitudes de axudas superficies recollidas neste artigo, presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos indicados no anexo I, modelos PA e RS, na súa cabeceira escribirase con letras maiúsculas a frase modificación de solicitude, especificando o número de expediente asignado a súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a documentación xustificativa deles. No obstante, cando se trate de pequenos productores sen obriga de retirar terras da producción, ou que só declararan superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 12.

4. Os cultivadores de liño téxtil que, no momento de presenta-la súa declaración de superficies de acordo co impreso de solicitude de axuda superficies, non poidan aportar toda a información necesaria para cumprir cos requisitos esixidos pola declaración de cultivo, deberán presenta-la devandita información ata o 15 de xuño do 2001.

Artigo 15º.-Notificación de non sementeira.

1. A data límite de sementeira para tódolos cultivos herbáceos incluídos no Regulamento (CE) 1251/1999 é o 31 de maio do 2001, agás para o millo doce.

2. Os titulares de explotacións agrarias que, con posterioridade á presentación da súa solicitude de axuda a superficies ou, se é o caso, da solicitude de modificación, decidan que non van sementar na súa totalidade as superficies previstas, deberán notificalo ata as datas límites sinaladas no punto anterior.

Para realizar esta modificación deberá cubrirse o formulario para a solicitude de axuda superficies indicado no anexo I, modelos PA e RS, nos que na súa cabeceira, se escribirá, con letras maiúsculas, a frase notificación de non sementeira, especificando o número de expediente asignado a súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a documentación xustificativa dos mesmos. Non obstante, cando se trate de pequenos productores do sistema simplificado ou que só declararan superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 12.

As notificacións, na forma e prazos anteriormente indicados, presentaranse, preferentemente, na mesma oficina na que se presentou a solicitude de axuda, de acordo co previsto no artigo 4º desta orde.

Capítulo III

Das solicitudes de primas gandeiras

Sección primeira

Prima por vacas nutrices

Artigo 16º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima por vaca nutriz prevista no punto 4 do artigo 6 do Regulamento (CE) 1254/1999, os productores que así o soliciten de acordo cos modelos DP, RG, VN e IA do anexo I, teñan asignados dereitos individuais de prima e posúan un rabaño de vacas nutrices polo menos igual ó 80% do número total de animais polos que se solicita prima e un número de xovencas que non supere o 20% do devandito número total, que cumpran as condicións indicadas nos artigos 30º, 31º e 32º desta orde e que se atopen incluídos nalgún dos seguintes supostos:

a) Que non vendan leite ou productos lácteos procedentes da explotación durante os 12 meses seguintes á presentación da solicitude.

Non obstante, a subministración de leite ou productos lácteos efecutado directamente da explotación ó consumidor non impedirá a concesión da prima.

b) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos na explotación, teñan unha cantidade de referencia individal asignada, a 31 de marzo do ano 2001 igual ou inferior a 120.000 quilos.

Cando na explotación se venda leite, para determina-lo número de cabezas primables, a pertenza dos animais ó censo de vacas leiteiras ou ó de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia para a producción de leite do beneficiario e o rendemento leiteiro medio para España de 4.650 kg/vaca. Non obstante, os productores que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior, poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

2. Naquelas solicitudes de prima en que, unha vez realizado o axuste dos animais solicitados ó límite individual do productor, o resultado sexa unha cifra comprendida entre 2 e 5 animais, o número de xovencas que pode beneficiarse desta prima será de unha.

3. Para ter dereito á prima, as vacas nutrices e as xovencas deberán pertenecer a unha raza cárnica ou proceder dun cruce cunha destas razas, que formen parte dun rabaño destinado á cría de becerros para a producción de carne. Para estes efectos non se considerarán vacas ou xovencas de raza cárnica, as razas bovinas enumeradas no anexo 13 da presente orde.

4. Os solicitantes de prima a productores con vacas nutrices comprométense:

a) No caso dos productores recollidos na letra a) da do número 1, a non realizar entregas de leite ou productos lácteos procedentes da súa explotación a compradores, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

b) No caso dos productores recollidos na letra b) do número 1, a non incrementa-la súa cantidade de referencia individual de leite asignado por encima dos 120.000 quilos, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 17º.-Prima nacional complementaria.

Os beneficiarios por vaca nutriz regulada no artigo anterior obterán unha prima nacional complementaria de 24,15 euros por idéntico número de cabezas.

Sección segunda

Prima especial a productores de carne de vacún

Artigo 18º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima especial, recollida no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999, os productores de bovinos machos que o soliciten, de acordo co modelo T do anexo II da presente orde e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A prima especial concederase por un máximo de 90 animais por explotación e grupo de idade. No caso dos touros, un mesmo animal no poderá ser obxecto de máis dunha solicitude de prima. Os bois poderán ser obxecto de prima unha vez por cada un dos grupos de idade que se indican na letra b) da alínea seguinte.

3. Só poderán ser obxecto de subvención os animais que na data inicial do período de retención:

a) Teñan como mínimo 7 meses, no caso de touros.

b) Teñan como mínimo 7 meses e, como máximo 19, no primeiro grupo de idade, ou como mínimo 20 meses, no segundo grupo de idade, no caso de bois.

4. Non obstante o disposto no número 2, os cebadeiros comunitarios nos que os socios posúan vacas nutrices e nos que só se engorden animais nados das devanditas vacas e que cumpran co resto das condicións establecidas no número 1º do artigo 7 do Real decreto 1473/1999, poderán beneficiarse da prima especial polo número máximo de animais indicado no número 2º do dito artigo 7.

5. Os documentos administrativos ós que se refire o artigo 9 do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, presentados xunto coa solicitude de prima especial correspondentes a cada un dos animais polos que se solicita a prima, serán devoltos ó productor unha vez rematado o período de retención facendo constar neles que a prima foi solicitada.

6. De acordo co artigo 3 do Regulamento (CE) 2342/1999, respecto dos animais excluídos do beneficio da prima por aplicación do factor de densidade gandeira ou do previsto no artigo 29 da presente orde, considerarase que recibiron a prima.

7. No caso de que un bovino macho sexa obxecto dun traslado a outro Estado membro da Comunidad Europea, o documento administrativo citado no número 5 utilizarase como documento administrativo de intercambio comercial, de acordo co disposto no artigo 4 do Regulamento (CE) 2342/1999, para os efectos de control no dito Estado membro.

8. Igualmente, se un productor establecido en España adquire bovinos machos noutro Estado membro, para poder solicita-la prima en España para os devan

ditos animais, deberá presentarlle á autoridade ante a que deposite a súa solicitude de prima, o documento administrativo de intercambio comercial correspondente, expedido polas autoridades competentes do Estado membro de procedencia, ou o documento equivalente que se estableza en aplicación do disposto no Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro.

Sección terceira

Pagamentos por extensificación

Artigo 19º.-Pagamento por extensificación. Condicións xerais de concesión.

1. Os beneficiarios da prima especal, da prima por vacas nutrices, ou de ámbalas dúas, recibirán, logo da solicitude, de acordo cos modelos DP, RS, PA, RG e REX do anexo I, un pago por extensificación, segundo o previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando a carga gandeira da súa explotación sexa inferior ou igual a 1,4 UGM por hectárea.

2. Para estes efectos, os solicitantes poderán acollerse, á súa elección, a dúas modalidades de acceso ó rexime de pagamento por extensificación

a) Réxime simplificado, para aqueles productores que se comprometan a manter tódolos días ó longo do ano natural, unha densidade gandeira igual ou inferior a 1,4 UGM por hectárea.

b) Réxime de media, para aqueles productores que manteñan durante o ano unha densidade gandeira igual ou por debaixo de 1,4 UGM por hectárea, calculada en forma de media aritmética, sobre a base do censo da explotación en cinco datas de reconto establecidas no artigo 24 do Real decreto 1473/1999, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería.

3. En ámbalas dúas modalidades e, non obstante o disposto no artigo 30 ºda presente orde, para o acceso ó pagamento por extensificación a carga gandeira determinarase:

a) Tendo en conta tódolos bovinos, machos e femias, presentes na explotación durante o ano de que se trate, así como tódalas cabezas de gando ovino e cabrún polas que se presentara solicitude de prima.

b) Tomando en consideración unha superficie forraxeira que se compoñerá, nun 50 por cento, alomenos, de terras de pastoreo segundo se definen nos artigos 5º.1.e) e 20. Non poderán considerarse superficies forraxeiras, para estes efectos, as utilizadas para a producción de cultivos herbáceos, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) 1251/1999, do 17 de maio, polo que se establece un réxime de apoio ós productores de determinados cultivos herbáceos (anexo 14).

4. O número de animais converterase en UGM da forma descrita no artigo 30º, número 4 b) da presente orde.

Artigo 20º.-Terras de pastoreo.

1. Para os efectos do establecido no artigo anterior e no marco da definición de terras de pastoreo do artigo 5º.1.e), desta orde , consideraranse terras de pastoreo as definidas no anexo 9 dela.

2. Co fin de garanti-la adecuada aplicación da presente orde naquelas explotacións nas que a terra de pastoreo se atope xeograficamente separada do resto

da explotación, o productor deberá demostrar que existe aproveitamento dela. Para tal efecto, as terras consideraranse xeograficamente separadas cando sexa necesario utilizar un medio de transporte para despraza-los animais ás devanditas terras.

Artigo 21º.-Declaracións de carga gandeira.

1. Os productores de vacún que desexen beneficiarse do pagamento por extensificación de acordo coa modalidade promedio descrita na la letra b) número 2 do artigo 19º, desta orde deberán declara-lo censo de gando vacún da súa explotación en cinco datas de reconto ó longo do ano, establecidas aleatoriamente, e publicadas no Boletín Oficial del Estado.

2. No prazo dun mes trala publicación das datas de reconto no BOE, os productores deberán presentar ante os servicios provinciais do Ilgga, unha declaración do censo de vacún presente nas súas explotacións nas devanditas datas no impreso especificado no anexo 15 da presente orde.

3. Non se efectuarán pagamento por extensificación a aqueles productores que teñan declaracións de carga gandeira que amosen un censo de animais igual a cero en máis dunha das devanditas datas. Así mesmo, se o contido da declaración demostra, nunha data de reconto, un censo inferior nun 70% á media aritmética das cinco datas, o productor deberá demostrar, ante o Ilgga, que tal censo obedece a prácticas habituais de xestión da explotación.

4. Non obstante, o disposto nos números 1 e 2 e sempre que tódolas unidades de producción gandeiras do titular estean radicadas en Galicia, o Ilgga, obterá a información sobre a carga gandeira das explotacións nas cinco datas de reconto, a partir da base de datos á que se refire o Real decreto 1980/1998 e non será necesario que os productores presenten ningunha declaración ó respecto.

Sección cuarta

Prima por sacrificio de vacún

Artigo 22º.-Beneficiarios.

1. Os productores de gando vacún poderán obte-la prima por sacrificio establecida no artigo 11 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando os seus animais se sacrifiquen no interior da Unión Europea, ou se exporten vivos a un terceiro país, logo de solicitude, de acordo co modelo SA do anexo II, e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. Só terán dereito á subvención os bovinos que, na data de sacrificio:

a) Teñan máis de 8 meses de idade (prima por sacrificio de bovinos adultos), ou

b) Teñan máis de 1 mes e menos de 7 meses e un peso en canal inferior a 160 quilos (prima polo sacrificio de tenreiros).

No caso de animais de menos de 5 meses de idade, a condición relativa ó peso entenderase respectada.

Nos demais casos, para a determinación do peso en canal terase en conta a presentación e faenado dos canais que se describe no anexo 14 da presente orde.

Se, por circunstancias excepcionais, non é posible determina-lo peso en canal dos animais, considerarase que cumpren as condicións regulamentarias sempre que o peso vivo non supere os 290 kg.

Artigo 23º.-Declaración de participación dos matadoiros.

1. Co fin de simplifica-la xestión das primas ó sacrificio, así como de facilita-lo control delas, os centros de sacrificio autorizados nos que se produza o sacrificio dos animais obxecto de solicitude, deberán comunicar, previamente, a súa participación no réxime de prima ó sacrificio, mediante escrito dirixido á dirección do Ilgga.

2. Para tal fin, a dita comunicación de participación conterá, polo menos, os seguintes extremos:

a) A identificación do matadoiro ou centro de sacrificio autorizado, incluíndo o número de rexistro sanitario e o número de explotación gandeira del, en virtude do disposto no Real decreto 1980/1998.

b) O compromiso de levar un rexistro informatizado, relativo ó sacrificio de tódolos animais que cumpran os requisitos para a obtención de prima, que inclúa, como mínimo:

-Data de sacrificio.

-Número de identificación dos animais, de acordo co establecido no Real decreto 1980/1998.

-Números de identificación dos canais, relacionados cos animais.

-Peso de cada un dos canais de bovinos de idades comprendidas entre os cinco e menos de sete meses.

c) A descrición da presentación e o faenado habitual dos canais dos bovinos, de máis de 1 mes e menos de 7 meses, que se utiliza no matadoiro e o compromiso de realiza-la determinación do peso dos canais conforme o procedemento descrito no anexo 16 da presente orde.

d) A identificación das persoas autorizadas para a remisión das probas de sacrificio mencionados no artigo 24.

e) O compromiso de someterse ós controis que estableza a autoridade competente e de colaborar na realización deles.

3. O incumprimento dalgún dos compromisos na declaración de participación dará lugar á exclusión do matadoiro ou centro autorizado da participación no réxime de primas, durante un ano, sen prexuízo de calquera outra responsabilidade na que puideran incorrer.

Artigo 24º.-Proba de sacrificio.

1. Só poderán terse en conta, para os efectos da prima por sacrificio, os animais que foran sacrificados en centros de sacrificio que tiveran declarada a súa participación nas devanditas primas, conforme o disposto no artigo 13 do Real decreto 1973/1999, que estean rexistradas conforme o previsto no Real decreto 1980/1998.

2. A comunicación da baixa do animal, realizada polo centro de sacrificio, conforme o establecido no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, terá a consideración de proba de sacrificio no senso aludido

polo artigo 35, número 1º letra a) do Regulamento (CE) 2342/1999 da comisión, e realizarase a través da remisión mensual á dirección do Ilgga dun ficheiro de acordo coa descrición do anexo 17.

3. Ademais, e no caso de animais comprendidos entre 5 e menos de 7 meses e a petición do productor, o matadoiro expedirá unha certificación relativa ó peso do canal de cada animal que se inclúa na solicitude de axuda, ou comunicará esta información no ficheiro indicado no anexo 17.

Artigo 25º.-Concesión de prima no caso de expedición ou exportación dos animais fóra de España.

1. No caso de expedición de animais subvencionables a outro Estado membro da Unión Europea, a prima prevista no artigo 22 solicitarase e concederase en España. As condicións aplicables serán as descritas no devandito artigo 22. Non obstante, a proba de sacrificio, neste caso, consistirá nun certificado emitido polo matadoiro do Estado membro de destino, que conterá as menciones contidas na letra a) do número 1 do artigo 35 do Regulamento (CE) 2342/1999.

2. Se os animais son exportados a un país que non pertenza á Unión Europea, as condicións serán as mesmas, pero a proba de sacrificio será substituída pola presentación das probas de exportación como parte da documentación que se cita no artigo 33 c) desta orde.

Sección quinta

Pagos adicionais a productores de gando bovino

Artigo 26º.-Pagmentos adicionais.

1. En aplicación do artigo 14 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, establécese un pago anual, por cabeza de gando, para o ano 2001, como pagamento adicional ós productores de gando bovino, que, en todo caso, terá un límite máximo de 60 euros por cabeza.

2. Este pagamento concedéraselles ós productores polos animais bovinos de más de oito meses, como importe adicional por unidade de prima por sacrificio, establecida na sección 4ª da presente orde.

3. O importe total do pagamento adicional para o ano 2001 para os productores con explotacións na Comunidade Autónoma de Galicia é de 3.656.388 euros.

4. O devandito importe repartirase entre os productores, proporcionalmente ós animais que sexan obxecto de prima no ano 2001, de acordo co indicado no número 2.

Sección sexta

Primas a productores de ovino-cabrún

Artigo 27º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima por ovella e cabra, prevista no Regulamento (CE) 2467/1998, os productores de carne de ovino e cabrún, tal como se definen no artigo 5º.3.a) da presente orde, que o soliciten, de acordo cos modelos DP, RG e OC ou OL do anexo I, teñan asignado un límite individual de dereitos á prima e asuman os compromisos recollidos no artigo 32º.

2. O importe da prima correspondente ós productores de cordeiros lixeiros e de cabras será do 80% da que corresponda ós productores de cordeiros pesados.

3. Non obstante o anterior, os productores de cordeiros lixeiros poderán percibi-la prima correspondente á categoría de pesada cando engorden e se destinen ó sacrificio, polo menos, o 40% dos cordeiros nados das ovellas polas que solicita prima, nas condicións establecidas no artigo 1 do R (CE) 2814/1990, da comisión, do 28 de setembro, polo que se establecen as disposicións de aplicación da definición de cordeiros engordados como canais pesados.

4. Cando o engorde dos cordeiros se realice na explotación ou fóra dela, o productor responsable do cebadeiro terá que subscribi-los compromisos recollidos no anexo 18 e remitilos o día que se inicie o engorde dun lote.

5. O número de ovellas ás que se concederá a prima correspondente á categoría de pesada será igual ó número de cordeiros cebados, sempre que este alcance o 40% das ovellas polas que solicita prima.

6. Os cordeiros lixeiros que se destinen a engorde deberán ser marcados con calquera procedemento que permita, polo menos, durante o proceso de ceba, poder indentifica-la procedencia do animal e o lote o que pertence.

7. Para os efectos de contabiliza-los cordeiros cebados da campaña 2001, consideraranse entrados en ceba na dita campaña aqueles que o fagan entre o 15 de novembro de 2000 e o 14 de novembro do 2001.

8. Non obstante, as declaracións de engorde para os animais entrados en cebo antes do 15 de novembro e a data de publicación da presente orde, presentaranse, como moi tarde no prazo de 10 días seguintes á dita publicación.

Artigo 28º.-Productores que desexen acollerse á prima específica en favor dos productores en zonas desfavorecidas.

1. Poderán obte-la axuda específica prevista no Regulamento (CE) 1323/1990, como complemento da prima descrita no artigo anterior, os productores de ovino e cabrún con explotación situada en zona desfavorecida, tal e como se definen na letra e) do punto 3 do artigo 5º.

2. Tódolos productores de ovino e cabrún deberán indicar na súa solicitude os termos municipais onde están situadas as superficies que adican á agricultura, se estes son diferentes ó municipio onde radique a explotación.

3. Non obstante, cando teñan situadas as súas superficies dedicadas á agricultura en termos municipais con distinta catalogación, no que se refire a zonas desfavorecidas e zonas non desfavorecidas, deberán presentar declaración de superficies.

4. O Ilgga determinará, en función das solicitudes e comprobacións efectuadas, se os productores de ovino e cabrún recollidos no número 1, se axustan á definición de productor en zona desfavorecida á que fai referencia o punto 3.e) do artigo 5º.

Sección sétima

Condicionantes comúns a varias primas gandeiras

Artigo 29º.-Reducción do número de animais con dereito a prima por superación dos límites.

1. Toda solicitude de prima á vaca nutriz e de prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún, presentada para un número de animais que supere ó dos dereitos individuais asignados ó productor en cada un dos réximes, será reducida ata o número de animais correspondentes ós ditos dereitos. Se a solicitude de prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún corresponde a un rabaño mixto, a dita reducción será proporcional ó número de animais de cada especie que compoña o rabaño.

2. Se o número total de animais polo que se presentara unha solicitude de prima especial para o primeiro tramo de idade, que respondan ás condicións para ser primados, supera o límite máximo nacional de 713.999 animais, establecido no artigo 4.4º do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, o número de animais con dereito a prima por productor reducirase proporcionalmente.

3. Se o número total de bovinos para os que se presentou unha solicitude de prima por sacrificio respecto a cada un dos grupos indicados no artigo 22º.2 da presente orde e que satisfagan as condicións para a concesión da prima, supera o límite nacional establecido para cada grupo de 1.982.216 animais de máis de 8 meses e 25.629 animais de máis de 1 mes e menos de 7 meses, reducirase proporcionalmente o número de tódolos bovinos con dereito a prima da dita categoría, por productor e para o ano que se trate.

Artigo 30º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. A concesión das axudas ó vacún establecidas nos artigos 16º a 18º da presente orde, estará supeditada a que o factor de densidade gandeira da explotación do solicitante non exceda de 2 unidades de gando maior (UGM) por hectárea dedicada ós animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo solicitante.

2. Non obstante, os productores quedarán exentos da aplicación do factor de densidade gandeira cando o número de animais que manteñan na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non supere as 15 UGM, e ademais, non desexen percibi-lo pagamento por extensificación.

3. O número de bovinos machos e de vacas nutrices primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade gandeira indicada no número 1.

4. Para a determinación do factor de densidade gandeira da explotación deberá terse en conta:

a) As vacas nutrices e xovencas que sexan obxecto de solicitude de prima, así como os bovinos machos e os ovinos e cabrúns polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ó ano 2001. Así mesmo, as vacas leiteiras para produci-la cantidade de referencia de leite asignada individualmente ó productor a 31 de marzo do ano 2001.

A conversión do número de animais así obtido, en UGM, farase de acordo coa seguinte taboa de conversión:

-Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses de idade, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM.

-Bovinos machos e xovencas de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

b) A Superficie forraxeira segundo se define no artigo 5º.1.d) da presente orde.

5. En virtude do disposto no Regulamento (CE) 2342/1999, o Ilgga determinará, para cada productor, o número de UGM que corresponde ó número de animais polo que poderán ser concedidas primas no sector de vacún, habida conta da superficie forraxeira da explotación de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada en hectáreas x 2) - (VL x 1 + OC x 0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo de UGM con dereiro á prima especial e prima ás vacas nurrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a declarada ou validada polo Ilgga unha vez aplicadas as normas de control integrado.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia individual asignada ó productor, o 31 de marzo anterior ó inicio do período de 12 meses de aplicación da taxa suplementaria, que empece o ano natural correspondente á solicitude da prima. Este número calcularase mediante o cociente enteiro, por exceso, entre a devandita cantidade de referencia e o rendemento medio para España que se establece en 4.650 quilos por vaca e ano. Non obstante, se o productor presenta un certificado oficial de control leiteiro no que se faga consta-lo rendemento medio da súa explotación, poderá utilizarse esta cifra en lugar da mencionada.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para a campaña de comercialización 2001, o número de dereitos á prima por ovino-cabrún dos que é titular o productor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 31º.-Identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

1. Cada animal polo que se solicite unha axuda deberá estar identificado, rexistrado e dotado do documento de identificación, conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

2. Así mesmo, para beneficiarse das axudas, os productores deberán observa-la totalidade das esixencias establecidas no devandito real decreto.

Artigo 32º.-Períodos de retención.

1. Os productores de vacas nutrices deberán manter na súa explotación, durante un mínimo de 6 meses consecutivos a partir do día seguinte á presentación da solicitude, un número total de animais primables, polo menos, igual a aquel polo que se solicitou prima e dos que o número de vacas nutrices sexa, polo menos, igual ó 80% do número total de animais polo que

solicita a axuda e o número de xovencas non supere o 20% do devandito total, agás cando os animais polos que se solicita estean entre 2 e 5 animais.

2. Para ter dereito á prima especial, o productor de vacún de carne deberá manter na súa explotación, para o engorde, durante dous meses, como mínimo, a contar desde o día seguinte ó da presentación da solicitude, os animais incluídos nela.

3. Para ter dereito ás axudas de ovino-cabrún os solicitantes deberán manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, polo menos, a aquel polo que solicitaron a axuda correspondente, durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día seguinte ó de finalización do prazo para a presentación das solicitudes.

4. No que se refire ós productores de vacún que soliciten prima por sacrificio, deberán manter na súa explotación cada animal polo que solicita prima, durante un período de retención mínimo de dous meses e sempre que este finalizara no prazo máximo dun mes antes do sacrificio ou expedición ou de dous meses no caso de exportación. No caso de becerros sacrificados antes dos tres meses, o período de retención será dun mes.

5. Calquera diminución no número de animais polo que se solicitara a prima, que impida o seu mantemento na explotación nos períodos establecidos nos números 1, 2 e 3, deberá ser comunicada por escrito ó Ilgga, no prazo máximo de dez días hábiles seguintes a partir do coñecemento do feito, con indicación das causas e a súa xustificación.

6. Nas explotacións de gando en réxime de trashumancia ou cando fora necesario traslada-los animais con dereito a prima a unha unidade de producción diferente da indicada na solicitude, o productor queda obrigado a notificalo devandito traslado ó órgano ó que dirixiu a solicitude, antes da súa realización, mediante escrito razoado no que se expresen as causas que van dar lugar ó traslado, así como as datas en que se producirán os movementos, o número de animais que se van trasladar, coa súa identificación, o termo municipal e os predios ou lugares nas que se atoparán os animais, para efectos de poder efectua-las preceptivas inspeccións.

Artigo 33º.-Documentación complementaria das solicitudes de primas gandeiras.

Ademais das solicitudes específicas dos anexos 1 e 2 e da documentación indicada no número 5 do artigo 2º, os solicitantes de primas gandeiras achegarán a seguinte documentación:

a) Productores de vacas nutrices.

1. Copia da folla de saneamento gandeiro da campaña 2000.

2. No caso de que se solicite por animais incorporados á explotacións e que aínda non figuren na folla de saneamento, copia dos documentos de identificación de bovino de cada animal.

3. Copias da portada e das páxinas do libro de explotación gandeira, onde estean inscritos os animais polos que se solicita prima, cando as unidades de producción gandeira do titular estean situadas noutra Comunidade Autónoma.

4. Se é o caso, certificación do xefe do Servicio de Producción da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, entre o 1 de decembro de 1999 e o 30 de novembro de 2000.

b) Productores de ovino-cabrún.

1. Copia da folla de saneamento gandeiro da campaña 2000.

2. Copia do libro de explotación gandeira: portada, folla de balance ou número de animais presentes na explotación e folla de actualización do censo de reproductoras ou do número de femias de máis de 12 meses ou que pariran.

3. No caso de solicitudes presentadas por productores de cordeiros lixeiros que, en virtude do establecido na alínea 4 do artigo 5 do R (CEE) 2467/1998, desexen beneficiarse da prima correspondente ós productores de cordeiros pesados, os documentos establecidos no R (CEE) 2814/1990.

c) Os productores de carne de vacún, prima especial.

1. Orixinais dos exemplares de acompañemento do animal dos documentos administrativos de identificación de bovinos de cada un dos touros e/ou bois polos que se solicita prima, no que os servicios competentes farán consta-la data de solicitude de prima, incorporando, posteriormente, unha copia deles ó expediente e devolvendo o orixinal ó productor, unha vez rematado o período de renteción de animais.

2. Se é o caso, certificación do xefe do Servicio de Producción Animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, ente o 1 de decembro de 1999 e o 30 de novembro de 2000.

d) Productores acollidos á prima por sacrificio

1. Orixinais ou copia dos exemplares para o interesado dos documentos de identificación bovina dos animais polos que se solicita prima.

2. No caso de animais de, polo menos, 5 meses e menores de 7 meses e cando o matadoiro non notifique directamente esta información á autoridade competente, certificado relativo ó peso en canal dos animais incluídos na solicitude de axudas.

3. No caso de animais sacrificados noutro país da Unión Europea, copia do certificado sanitario internacional, no que consten os números de identificación individual dos animais e certificados de sacrificio deles, conforme o número 1º do artigo 15 do Real decreto 1973/1999.

4. No caso de animais exportados vivos a un terceiro pais, proba de salida do territorio aduaneiro da Unión Europea DUA e certificado sanitario internacional que conteña unha relación expresa do número de identificación auricular dos animais que foron exportados.

e) Productores acollidos ó pagamento por extensificación.

1. Copia da portada e da folla do balance do libro de explotación gandeira actualizado, onde figure o total de animais que deben tomarse en consideración no momento da solicitude.

2. Declaración de censo, no caso de acollerse ó rexime de media, de acordo co modelo do anexo 15 da presente orde, nas datas establecidas.

Capítulo IV

Indemnización compensatoria

Artigo 34º.-Ámbito de aplicación.

Poderase conceder unha indemnización compensatoria anual, ós agricultores que reúnan os requisitos que se establecen no artigo 35º, polas superficie das explotacións que radiquen nos municipios incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña, despoboamento ou con dificultades especiais, conforme os artigos 18, 19 e 20, respectivamente, do Regulamento 1257/1999, e que se indican en el anexo 19.

Artigo 35º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que reúnan as seguintes condicións:

a) Ser agricultor a título principal ou titular dunha explotación agraria cualificada como prioritaria, ben a título individual ou como socio dunha explotación agraria constituída como cooperativa ou sociedade agraria de transformación. Cada socio poderá percibi-la indemnización correspondente á súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para os efectos do cálculo dunha indemnización compensatoria única.

b) Residir no termo municipal no que radique a súa explotación ou nalgún dos municipios limítrofes situados en zonas desfavorecidas.

c) Comprometerse, formalmente, a mante-la actividade agraria, polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, agás causa de forza maior.

d) Comprometerse, formalmente, a exerce-la agricultura sostible empregando métodos de boas prácticas agrícolas, adecuadas ás características agrarias da localidade, compatibles co ambiente e o mantemento do campo e da paisaxe, indicadas no anexo 20.

Artigo 36º.-Requisitos das explotacións.

As explotacións obxecto da axuda deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Estar situadas, total ou parcialmente, nas zonas desfavorecidas indicadas no artigo 34º.

b) Ter unha carga gandeira máxima de 1 UGM/ha de superficie forraxeira en comarcas con pluviometría media anual inferior a 600 mm/ano; inferior a 1,5 UGM/ha, en comarcas con pluviometría media anual entre 600 e 800 mm/ano; e inferior ou igual a 2 UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 800 mm/ano.

En todo caso, a explotación deberá ter unha carga gandeira mínima de 0,2 UGM/ha de superficie forraxeira.

c) Ter unha superficie agrícola superior a 2 ha.

d) Cumpri-las boas prácticas agrarias habituais, indicadas no anexo 20.

e) Para efectos do cálculo da carga gandeira indicada na alínea b) terase en conta:

1. Para a determinación das UGM, o número de machos e femias de bovino, ovino, cabrún e équido presentes na explotación no momento da solicitude, que se convertirán en UGM de acordo coas seguintes equivalencias:

-Équidos de máis de 6 meses: 1 UGM.

-Touros, vacas e outros bovinos de máis de 2 anos: 1 UGM.

-Bovinos de máis de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

2. Para a determinación da superficie forraxeira terase en conta as superficies indicadas no artigo 5º.1.d) da presente orde.

3. As explotacións para as que se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias perceptoras deste tipo de axuda do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Artigo 37º.-Documentación complementaria da solicitude de indemnización compensatoria.

Ademais da solicitude específica do anexo I e da documentación xeral indicada no número 5 do artigo 2º, os solicitantes de indemnización compensatoria achegarán a seguinte documentación:

a) Copia da portada e da folla do censo de animais do libro de explotación gandeira.

b) Copia da declaración do IRPF do ano 1999 ou compromiso de presentación da correspondente ó ano 2000 se é novo solicitante.

c) Certificado de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no de traballadores autónomos, ou pola súa actividade agraria ou derradeiro cupón de pagamento á Seguridade Social nestes réximes.

d) Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do declarante, do cónxuxe ou de ámbolos dous, no caso de que na declaración do IRPF se inclúan rendementos de traballo.

e) Certificado da SAT ou cooperativa, se é o caso, acreditativo da porcentaxe de participación do solicitante nela, segundo modelo ICC do anexo I.

Artigo 38º.-Incompatibilidades.

A indemnización compensatoria é incompatible coa percepción polo beneficiario dunha pensión de xubilación, do subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

Capítulo V

Controis

Artigo 39º.-Plan de controis.

1. No marco do Plan nacional de controis, establecido polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), o Ilgga elaborará un plan de controis, administrativos e sobre o terreo, das solicitudes de axudas superficies e de primas gandeiras e un plan de control da indemnización compensatoria.

2. Os ditos controis serán realizados, polo Ilgga, de forma que se asegure a comprobación eficaz do cumprimiento das condicións de concesión das axudas e primas establecidas na normativa comunitaria, nacional e na presente orde.

Artigo 40º.-Controis administrativos.

1. En virtude do número 2 do artigo 6 do Regulamento (CE) 1678/1998, da comisión, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e ós animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta o por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. No caso concreto da prima especial ós productores de carne de vacún, da prima por vaca nutriz e a da prima por sacrificio, os controis administrativos comprenderán a comprobación de que tódolos animais para os que se solicitan primas cumpren tódolos requisitos de concesión delas, empregando para iso os códigos identificativos dos animais.

Artigo 41º.-Controis sobre o terreo.

1. Polo Ilgga determinaranse, en cada caso, as solicitudes concretas a controlar sobre o terreo, respectando, en todo caso, os criterios que se establezan no plan nacional, conforme o previsto no artigo 27 do Real decreto 1893/1999, do 10 de decembro, e no artigo 25 do Real decreto 1973/1999 de decembro.

2. Os controis faranse sen previo aviso. Non obstante, poderá avisarse anticipadamente ós titulares das explotacións cun prazo non superior ás corenta e oito horas.

3. O Ilgga realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil, de maneira que permita efectua-las comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

Artigo 42º.-Penalizacións relativas ás solicitudes de axudas superficies.

1. De acordo co previsto no artigo 9 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que a superficie determinada efectivamente é superior á declarada, será a superficie declarada a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda, do factor de densidade gandeira da explotación, do pagamento por extensificación e da indemnización compensatoria.

2. Cando se comprobe que a superficie declarada é superior á superficie determinada, o importe da axuda, o factor de densidade gandeira e o pagamento por extensificación calcularase a partir da superficie efectivamente determinada no control. Sen embargo, salvo en caso de forza maior, a superficie efectivamente determinada reducirase:

-O dobre da diferencia comprobada, se esta fora superior ó 3 por 100 ou a dúas hectáreas e non superara o 20 por 100 da superficie determinada.

-No caso de que o excedente comprobado supere o 20 por 100 da superficie determinada, non se concederá ninghuna axuda ligada á superficie.

-As citadas reduccións non se aplicarán se, para a determinación da superficie, o agricultor demostrara que se baseou, de forma correcta, en datos oficiais de catastro.

3. Para efectos do presente artigo, enténdese por superficie determinada aquela para a que tódalas condicións regulamentarias foron respectadas.

Para os mesmos efectos, tomaranse en consideración, só e por separado, as superficies forraxeiras para efectos de densidade gandeira, as superficies forraxeiras a efectos do pago por extensificación, as correspondentes á retirada de terras da producción, as relativas a distintos cultivos herbáceos ós que se aplique unha axuda diferente e as relativas á indemnización compensatoria.

Artigo 43º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda animais.

1. De acordo co previsto no artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que o número de animais declarados nunha solicitude, reducido, se é o caso, como consecuencia do establecido nos números 3 e 4 deste artigo, é superior ó de animais presentes no control, o importe da axuda calcularase a partir do número de animais comprobado. Se o control se realiza unha vez finalizado o período de retención, consideranse animais presentes os que estean correctamente inscritos nos libros de rexistro da explotación.

Salvo en caso de forza maior e despois de aplica-lo disposto no número 3, ó importe unitario da prima descontaranselle as porcentaxes de penalización especificadas no número 1º do artigo 8 e no número 2º do artigo 10 ter do Regulamento (CEE) 3887/1992.

2. Para o cálculo da penalización, ós animais presentes no control sumaranse as baixas por causa natural ou por forza maior que foran comunicadas polo gandeiro. Sen embargo, os animais con dereito a prima só serán os presentes máis as baixas por causa de forza maior.

3. No caso de que, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o productor non poida cumpri-lo compromiso de retención dos animais polos que solicitara unha prima, manterase o dereito á prima polos animais realmente subvencionables que foran retidos durante o devandito período, sempre que o productor o comunicara por escrito ó órgano ante o que presentou a súa solicitude, no prazo de dez días hábiles seguintes á comprobación da diminución do número de animais.

4. Cando un productor non puidera respecta-la súa obriga de retención por motivos de forza maior, manterase o dereito a prima polo número de animais efectivamente subvencionables no momento de producirse os devanditos motivos.

5. Para os efectos de aplicación do presente artigo, os animais que poidan acollerse a primas diferentes teranse en conta por separado.

En ningún caso se concederá primas por un número de animais superior ó indicado na solicitude de axuda.

6. De acordo co indicado no artigo 35º, cando o excedente comprobado entre a superficie forraxeira declarada e a superficie forraxeira efectivamente determinada, supere o 20 por 100 da superficie deter

minada, non se concederán, se é o caso, as primas ó sector vacún ligadas ás ditas superficies.

7. Cando, en aplicación do Real decreto 1373/1997, do 29 de agosto, se detecten en animais vacúns pertencentes a un productor, residuos de substancias prohibidas de acordo co establecido no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, ou de substancias autorizadas no mesmo real decreto, pero utilizadas ilegalmente, este productor quedará excluído, durante o ano civil en que se efectúe a comprobación, do beneficio das axudas ás que se fai mención no capítulo III para productores de gando vacún.

8. O productor quedará, así mesmo, excluído durante o ano civil en que se efectúe a comprobación do beneficio das devanditas axudas, se se atopa no seu poder, ou na súa explotación calquera substancia ou producto non autorizado en virtude do Real decreto 1373/1997, ou unha substancia ou producto autorizado polo devandito real decreto pero posuído de una maneira ilegal.

9. No caso de que un productor reincida nalgunha das infraccións previstas nos números 7 e 8 do presente artigo, no transcurso do mesmo ano ou durante o seguinte ano civil, prorrogarase a exclusión do beneficio das primas durante os dous anos seguintes a aquel en que se detectou a segunda infracción.

10. Calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algúnha das anomalías establecidas nos números 7 e 8 en explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, deberá comunicalo ó Ilgga.

Artigo 44º.-Penalizacións relativas á prima ovino e cabrún, no que respecta ós productores a que fai referencia o artigo 28º.

1. No caso dos productores de ovino e cabrún ós que fai referencia no número 3 do artigo 28º, cando a porcentaxe de superficie situada en zona desfavorecida determinada efectivamente sexa inferior ó 50%, non se aboará a axuda específica pagadoira ós productores en zona desfavorecida. Ademais, a prima por cabeza reducirase nunha porcentaxe equivalente á diferencia entre o 50% e a porcentaxe efectivamente determinada.

2. Non obstante o establecido no número anterior, no caso de falsa declaración intencionada, ou debida a unha neglixencia grave:

-O productor en cuestión será excluído do beneficio do réxime da prima por ovino e cabrún durante a campaña en cuestión e,

-En caso de falsa declaración intencionada, do beneficio do mesmo réxime de prima durante a campaña seguinte.

Artigo 45º.-Causas de forza maior.

1. Sen prexuízo dos supostos concretos que poidan ser tidos en conta para cada caso, o Ilgga poderá admitir como casos de forza maior os supostos seguintes:

a) A morte do productor.

b) Unha invalidez provisional ou permanente do productor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) A expropiación dunha parte da superficie agraria da explotación administrada polo productor, sempre que tal circunstancia non fora previsible no momento de presentación da solicitude.

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agraria da explotación.

e) A destrucción accidental dos edificios do productor destinados á gandería bovina ou ovina e cabrúa.

f) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando bovino ou ovino e cabrún do productor.

2. A comunicación dos casos de forza maior e as probas correspondentes deberán facilitarse, por escrito, nun prazo de dez días hábiles a partir do momento en que o titular da explotación se atope en situación de poder facelo.

Artigo 46º.-Declaracións falsas nas solicitudes de axudas e primas.

Sen prexuízo das responsabilidades penais e administrativas a que houber lugar, se se constatara unha declaración falsa feita por neglixencia grave, o productor en cuestión quedará excluído do beneficio do réxime de axuda ou prima para o ano 2001, de acordo co previsto nos artigos 9 e 10 do Regulamento 3887/1992

Se a declaración falsa se fixera deliberadamente no relativo ás superficies incluídas na súa solicitude, o productor quedará, ademais, excluído para o ano 2002 do beneficio de todo réxime de axuda ó que se refire o artigo 1.1º da presente orde, para una superficie igual a aquela pola que a solicitude lle foi rexeitada.

Se a devandita declaración falsa, realizada deliberadamente, atinxe a aspectos relativos á solicitude animais, o productor quedará excluído do beneficio do mesmo réxime de axuda para o ano 2002. Para estes efectos, as diferentes primas gandeiras teranse en conta por separado.

Capítulo VI

Da resolución e o pagamento

Artigo 47º.-Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos do pagamento das axudas por superficie establecidas no artigo 1 letras a) e b), teranse en conta as superficies declaradas ou as establecidas, en cada caso, polo Ilgga, segundo o exposto no artigo 41º da presente orde. Por tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes:

a) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios por superficie recollidos no Regulamento (CE) 1251/1999 do consello, a normativa específica do réxime de apoio ós productores de sementes para sementeira e o uso de terras retiradas para a producción de materias primas con destino non alimentario.

b) A superficie básica rexional ou a superficie nacional de referencia para España, no que se refire á oleaxinosa, de conformidade co Regulamento (CE) 1251/1999 do consello.

c) As relativas ós controis, establecidas nos Regulamentos (CEE) 3508 e 3887/1992.

Artigo 48º.-Resolución das solicitudes.

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo a que se refiren os artigos anteriores, así como comprobado para cada solicitante que se cumpren as condicións de concesión das axudas e primas, e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración que se vai aplicar ás superficies subvencionables e a contía da porcentaxe de reducción que se vai aplicar no número de bovinos machos con dereito a prima por productor e o número de cabezas obxecto de prima por sacrificio, e demais información que resulte necesaria, o Ilgga establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies e o número de animais con dereito a recibi-las axudas establecidas, así como as superficies que poidan ser computadas para o cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, para o pagamento por extensificación da explotación e da indemnización compensatoria.

Ó mesmo tempo, o dito instituto establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiren á xestión e control integrados, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

2. Para a resolución das solicitudes relativas á indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas se, unha vez determinado o importe de axuda correspondente a tódalas solicitudes recibidas e que cumpran tódolos requisitos, este supera o orzamento dispoñible previsto no apartado b) da disposición adicional primeira, incluídos os incrementos previstos, aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

a) Solicitantes titulares das explotacións cualificadas como prioritarias antes do 1 de xaneiro do 2001.

b) Resto de solicitantes.

Dentro de cada un dos grupos, terán preferencia as solicitudes con menor carga gandeira (UGM/ha). En caso de igual carga gandeira, será prioritario o solicitante en menor idade.

3. Os servicios provinciais do Ilgga, despois de efectua-los controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ó director do instituto, sobre as solicitudes presentadas, para que este dicte a correspondente resolución.

4. O prazo para dictar resolución será o mesmo que se fixa para os pagamentos no artigo seguinte.

Artigo 49º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas, cando isto poida suceder, outorgadas por esta ou outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 500º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O Ilgga realizará os trámites pertinentes para efectuar, nas datas que se indican, os seguintes pagos:

a) No período comprendido entre o 16 de novembro do ano 2001 e o 31 de xaneiro do ano 2002: os pagamentos por superficie correspondentes a cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e retirada de terras, agás no caso recollido na alínea c) e a indemnización compensatoria.

b) Nos sesenta días seguintes á publicación do seu importe definitivo: a axuda ás leguminosas gran.

c) Antes do 31 de marzo do ano 2002, o pagamento por superficie correspondente ás superficies de retirada utilizadas para a producción de cultivo con destino non alimentario.

d) Os anticipos por un máximo do 60 por 100 do importe da prima, correspondentes ás solicitudes de prima especial presentadas durante o primeiro semestre do ano, así como ás solicitudes de vacas nutrices e sacrificio, a partir do 16 de outubro do ano 2001, segundo o establecido no artigo 4 do Regulamento (CE) 2342/1999, da comisión.

e) Os pagamentos definitivos, descontados, se é o caso, os anticipos pagados, correspondentes ós gandeiros que manteñan vacas nutrices e ós productores de carne de bovino e sacrificio, así como os importes complementarios por extensificación, a aqueles cunha densidade gandeira que sexa inferior a 1,4 UGM/ha, (artigo 13 do Regulamento 1254/1999, do consello), efectuaranse como máximo ata o 30 de xuño de 2002.

f) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrices, como máximo ata o 30 de xuño de 2002.

g) Os anticipos semestrais, equivalentes cada un ó 30 por 100 da prima de ovino e cabrún estimada de acordo co previsto no Regulamento (CE) 1323/1990, do consello, e, para os productores en zonas desfavorecidas, a axuda específica prevista no artigo 1 do Regulamento (CEE) 1257/1999, unha vez rematado o período de retención previsto no número 3 do artigo 30º desta orde e trala aprobación, pola Comisión Europea, dos importes unitarios.

h) As primas correspondentes ós productores de ovino e cabrún e o saldo, no caso de que se pagaran anticipos, como máximo ata o 15 de outubro de 2002.

2. Os importes unitarios das axudas por superficie para a campaña de comercialización 2001/2002 serán os establecidos pola normativa comunitaria, de 63 euros/tonelada no caso de cereais e retirada de terra, 72,37 euros/tonelada para as oleaxinosas, de 72,5 euros/tonelada para as proteaxinosas e de 75,63 euros/tonelada para o liño.

3. A contía da indemnización compensatoria anual que vai a percibir cada solicitante determinarase en función das superficies indemnizables e coeficientes que se indican no anexo 21, partindo dos módulos base seguintes:

Zona de montaña (art. 18 R. 1257/1999)75 euros/ha.

Zona de despoboamento (art 19. R. 1257/1999)45 euros/ha.

Zona con dificultades especiais (art. 20 R. 1257/1999)120 euros/ha.

A contía da indemnización compensatoria anual que perciba o titular da explotación non poderá ser inferior a 300 euros.

4. Os importes unitarios das primas gandeiras para o ano 2001 serán os seguintes:

a) Para a prima por vaca nutriz, 182 euros por vaca subvencionable, ó que se sumará a prima nacional complementaria prevista no artigo 6.5º do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, de 24,15 euros.

b) Para a prima especial, 136 euros por boi e tramo e 185 euros por touro, coas reduccións correspondentes, en aplicación do número 4º do artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999.

c) Para os productores de carne de vacún e os que manteñan vacas nutrices nas explotacións nas que o factor de densidade sexa inferior a 1,4 UGM/ha, o importe complementario previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, de 100 euros por cabeza primada.

d) Para a prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún, os que estableza a Comisión Europea por ovella e cabra, tendo en conta que o importe da prima ás cabras será o 80 por 100 do correspondente ós productores de cordeiros pesados.

Para os productores en zona desfavorecida, tal como se define no punto 3º.e) do artigo 5, de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 1323/1990, os importes antes mencionados complementaranse mediante unha axuda específica de 6,641 euros por ovella para os productores de cordeiros pesados, e de 5,977 euros por cabra.

e) Prima por sacrificio de gando bovino:

-En aplicación do artigo 11 do Regulamento 1254/1999, concederanse as seguintes primas por sacrificio de gando bovino, coas reduccións correspondentes en aplicación do núemro 4 do devandito artigo:

-Touros, bois, vacas e xovencas, a partir de 8 meses de idade, 53 euros por animal.

-Becerros, de máis de 1 mes e de menos de 7 meses de idade e co seu peso en canal inferior a 160 kg, 33 euros por animal.

f) Pagamento adicional de vacún.

O importe unitario será o resultante de distribuír o total de 3.656.388 euros entre os animais de máis de oito meses obxecto de prima por sacrificio no ano 2001.

Artigo 51º.-Recursos administrativos.

Contra a resolución do director do Ilgga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do devandito instituto, no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución obxecto do recurso.

Artigo 52º.-Reintegro de anticipos e pagamentos indebidos.

1. Procederá o reintegro, total ou parcial, das axudas reguladas na presente orde, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa con

cesión e, en todo caso, nos supostos previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Cando os productores deban devolve-los anticipos recibidos ou calquera outro pagamento percibido indebidamente, deberán reembolsa-los seus importes xunto cos xuros correspondentes ó tempo transcorrido entre o pagamento e o dito reembolso. Calcularase de acordo co tipo de xuro de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

3. Non obstante, cando o pagamento indebido se realizara por erro imputable á Administración competente, non se aplicará xuro ningún.

Artigo 53º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan esixi-los órganos correspondentes do Ilgga, os beneficiarios das axudas previstas na presente orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a concesión destas axudas existe crédito adecuado e suficiente, con cargo ós orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2001, nas seguintes aplicacións de orzamentos de gastos do Ilgga:

a) Para as axudas especificadas nos capítulos II e III da presente orde:

09.50.614A.779-Ordenación, reestructuración, fomento e mellora da producción agraria. Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC con 300 millóns de pesetas.

09.50.712A.779-Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC : 2.127 millóns de pesetas.

b) Para as axudas especificadas no capítulo IV da presente orde:

09.50.712A.773- Fomento do sector gandeiro, mellora da eficacia dos sistemas productivos: 640 millóns de pesetas.

As dotacións orzamentarias indicadas nos puntos a) e b) poderán incrementarse con outras procedentes do FEOGA-Garantía, dos orzamentos xerais do Estado e con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Segunda.-Na aplicación da presente orden teranse en conta as normas básicas contidas no Real decreto 1893/1999, do 10 de decembro, sobre pagamentos

por superficie a determinados productos agrícolas e no Real decreto 1973/1999, do 23 de decembro sobre determinadas axudas comunitarias en gandería.

Terceira.-As oficinas comarcais agrarias responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias situadas no seu ámbito de actuación.

Cuarta.-Sen prexuízo do previsto nos artigos 41º a 45º desta orde, seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nela, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7/10, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada por la Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das axudas a productores de determinados cultivos her

báceos e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e cabrún, dos productores de vacún e dos que manteñen vacas nutrices e indemnización compensatoria en campañas anteriores, ás que non se lles concedeu a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se atopaban ó remate do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, no ámbito das súas competencias, para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Castor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO 20

BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS HABITUAIS

As boas prácticas agrarias habituais que deberán respetarse son as seguintes:

1. Conservación do solo como recurso agrario e loita contra a erosión.

1.1. Laboreo.

-Son habituais todo tipo de labores en canto a profundidade, apeiros ou momento de realización. Isto dependerá da profundidade dos solos, da súa textura e estructura. O agricultor sempre é consciente desta circunstancia e non utiliza instrumentos de labranza nin tipo de labores que vaian en detrimento das produccións esperadas. Por outro lado, é difícil establecer unha norma diferenciadora que sexa válida, non só para o conxunto de España, senón para unha rexión ou, mesmo, para unha comarca ou a mesma explotación.

-Prohibición do laboreo convencional a favor da pendente. Nun país como España, onde a erosión dos seus solos é o problema agroambiental máis grave contra o que hai que loitar, establécese unha boa práctica agrícola de maneira obrigatoria para tódalas parcelas agrícolas que se acollan á indemnización compensatoria.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria poderá fixar, atendendo a factores edáficos, climáticos e socioeconómicos da zona, os

límites da pendente e as características xeométricas das parcelas excluídas desta norma.

1.2. Alternativas e rotacións.

Considéranse habituais todo tipo de alternativas conforme a criterios sostibles.

2. Para optimiza-la utilización da enerxía.

A maquinaria agrícola realizará os controis establecidos na normativa vixente, co obxecto de garanti-la seguridade vial, previr riscos laborables e asegura-lo uso eficiente de combustibles fósiles.

3. Para a utilización eficiente da auga.

3.1. Regas.

-Esixencia de cumprir con toda a normativa vixente en materia de concesión de augas e de limitacións de uso establecidas polas confederacións hidrográficas, a través dos correspondentes certificados expedidos pola autoridade competente.

-Independentemente da eficiencia do sistema de rega implantada, este deberá estar sometido a un mantemento que evite as perdas de auga. Para tal efecto, controlarase o mal estado da rede de rega interna da explotación, procedendo á reparación das caldeiras que presenten perdas de auga, substituíndo as pezas defectuosas dos sistemas de aspiración, impulsión e distribución que poida conducir a perdas directas de auga ou unha mala eficiencia do sistema de rega.

4. Para conserva-la diversidade biolóxica:

4.1. Hábitos de recolección e posrecolección para datos do mantemento.

a) A conservación dos niños de especies protexidas de difícil localización será unha boa práctica a cumprir por tódolos solicitantes da indemnización compensatoria. En tódolos casos, deberanse toma-las medidas adecuadas para evitar danos nas tarefas de recolección.

b) Queda prohibida a queima de restreba ou restos de colleita.

No caso de que sexa aconsellable proceder á súa queima por motivos sanitarios ou fitopatolóxicos, o beneficiario deberá dispor do correspondente informe do Servicio de Sanidade Vexetal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria indicando os motivos que xustifican a queima, así como a autorización do servicio competente da Xunta de Galicia que exprese as medidas de seguridade que se deberán tomar á hora de realiza-la operación, cumpríndoas estrictamente.

c) As zonas con posibles riscos de incendio, xa sexa porque limiten con lugares e nos que se poden orixinar incendios (camiños moi transitados, liñas férreas, lugares habitados, etc.) ou porque teña nelas restos de colleita moi ignífugos ou espacios de alto valor paisaxístico, illaranse mediante franxas labradas de, alomenos, 3 metros de largo.

5. Para a racionalización do uso de fertilizantes.

5.1. Fertilizantes.

Conforme se fixa na directiva nitratos, exceptuando aquelas con alta concentración de explotacións intensivas de porcino, non é necesario establecer niveis máximos de fertilización nitroxenada.

Os problemas máis acusados de contaminación por nitratos danse nas zonas de risco, nas que se concentra a maior parte das zonas declaradas como vulnerables en España. Nesta zonas, os niveis de comparación serán os que se especifiquen nos seus respectivos programas de acción, ós que fai referencia a directiva nitratos.

5.2. Estercos e xurros.

-Non aplicar sobre terreos encharcados ou con neve.

-Cando as explotacións se encontren nas zonas vulnerables de acordo coa directiva nitratos, definirase a xestión ambiental adecuada para o control de esterco almacenado, no que se refire a evita-la lixiviación de líquidos (estercos estancos) ou no cálculo do almacenamento do producto, en función das saídas e distribución do mesmo.

En calquera caso, a aplicación rexerase, ademais, pola normativa de uso para xurros e estercos establecida pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

6. Para a utilización racional dos productos fitosanitarios.

6.1. Fitosanitarios.

En todo o referente á aplicación de fitosanitarios existe unha normativa moi extensa en España de obrigado cumprimento en materia de productos autorizados, normas de aplicación, manexo de residuos, etc. Esta normativa establece as sancións en caso de incumprimento e fixa os medios para alcanza-los obxectivos que propón:

-No uso de fitosanitarios e herbicidas, dentro das marxes establecidas pola normativa, deberán respectarse as indicacións dos fabricantes, así como utilizar productos autorizados, retirando os residuos unha vez realizada a aplicación correspondente.

-A xestión de envases farase conforme as normas establecidas pola autoridade competente.

7. Para a reducción da contaminación de orixe agraria.

7.1. Materiais residuais.

Neste epígrafe inclúense todas aquelas prácticas encamiñadas a elimina-los materiais utilizados na producción e os restos de poda, que a permanencia sobre o terreo, pola súa incidencia sobre a proliferación de pragas e enfermidades, non se considera conveniente.

Así mesmo, manexaranse adecuadamente os restos de poda procedentes dos cultivos leñosos tales como a vide, olivo, froiteiras de secaño e de regadío e árbores con aproveitamento gandeiro.

A práctica tradicional inclúe o consumo das partes verdes polo gando, a obtención de leña dos restos de diámetro adecuado e o amoreado e queima do resto.

Os restos derivados dos plásticos usados e outros residuos deberán retirarse das parcelas e depositarse en lugares apropiados.

8. Outras actuacións.

8.1. Cultivos finalizados.

Non se deberán abandona-los cultivos unha vez esgotada a súa vida útil económica e, en calquera caso, deberán manterse libres de pragas, enfermidades e parasitos.

8.2. Sanidade animal.

Non poderán percibir axudas de indemnización compensatoria as explotacións que non cumpran co establecido en materia de campañas oficiais de saneamento gandeiro de carácter obrigatorio.

As explotacións que perciban axudas de indemnización compensatoria, deberán cumprir todo o establecido pola normativa vixente en materia de uso de alimentos prohibidos e de anabolizantes.

8.3. Carga gandeira.

A carga gandeira das superficies forraxeiras da explotación non poderán supara-los límites:

-Comarcas con pluviometría anual menor de 600 mm, 1 UGM/ha.

-Comarcas con pluviometría anual maior de 600 mm e menor de 800 mm, 1,5 UGM/ha e ano.

-Comarcas con máis de 800 mm de pluviometría anual, 2 UGM/ha.

9. Normas mínimas ambientais.

En calquera caso, ademais de aplica-las boas prácticas agrícolas habituais anteriormente expostas, os beneficiarios deberán respecta-la lexislación ambiental ó respecto, contida na seguinte normativa:

-Lei 4/1989 modificada polas leis 40/1997 y 41/1997 de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

-Real decreto 1997/1995 polo que se establecen medidas para contribuír a garantiza-la biodiversidade mediante a conservación de hábitats naturais e da flora e fauna (Directiva 92/43 CE).

-Real decreto 261/1996 sobre protección contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrarias (Directiva 91/679/CE).

-Lei 10/1998 sobre residuos.

ANEXO 21

CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN COMPENSATORIA

1. Superficie agrícola indemnizable.

a) Superficies non cumputables.

Non se computarán as superficies de regadío superiores a 5 ha por beneficiario.

b) Superficie forraxeira.

É a superficie agrícola destinada á alimentación do gando, en forma de pastoreo ou sega.

O cómputo da superficie forraxeira realizarase aplicando os seguintes coeficientes reductores:

Ci -Superficie e barbeito, restreba e ermo a pastos0,15-Superficie de pastos aproveitables por un período de 2 a 6 meses0,50-Superficie de permanentes praderías1,00

Non se computará a superficie forraxeira naquelas explotacións nas que a carga gandeira sexa inferior a 0,2 UGM/ha de superficie forraxeira.

c) Superficie de cultivos.

Para homoxeneiza-los diferentes tipos de cultivos establécense coeficientes correctores que permiten determina-las unidades equivalentes de cultivo (UEC), sendo unha UEC a hectárea de superficie agrícola de regadío.

Ós distintos cultivos aplicaranse os seguintes coeficientes:

Ci -Superficie de regadío1,00-Superficie de cultivo extensivo e plantacións de secaño0,50-Superficie de plantacións non madeireiras: forestais e arbustivas0,30

d) Cálculo da superficie indemnizable (S.I.).

É o resultado da suma das superficies indemnizables de cultivos e forraxes:

S.I. = RSiCi + RSjCj

Sendo:

S.I. = Superficie Indemnizable en ha.

Si = Superficie forraxeira en ha.

Ci = Coeficientes aplicable ás superficies forraxeiras.

Sj = Superficie de cultivo tipo j en ha.

C = Coeficiente aplicable ás superficies e cultivos tipo j.

2. Cálculo da axuda.

Ós módulos base de indemnización indicados en el artículo 48º.3 aplicaránselle-los seguintes coeficientes correctores:

1. En función da superficie indemnizable: C.

2. En función da base impoñible xeral do solicitante na declaración do IRPF C.

a) Coeficientes que se aplicarán en función da superficie indemnizable.

Superficies indemnizables (ha)C

Menor ou igual a 5 1,00

Máis de 5 e ata 25 0,75

Máis de 25 e ata 50 0,50

Máis de 50 y ata 100 0,25

Máis de 100 0,00

b) Coeficientes que se aplicarán en función da base impoñible xeral do solicitante na declaración do IRPF.

Base impoñible xeralC

Menor do 50% de renda de referencia 1,20

Maior do 50% de renda de referencia 1,00