Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de decembro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado María Auxiliadora de Ourense, para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado María Auxiliadora de

Ourense, no que se solicita autorización definitiva para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado María Auxiliadora de Ourense, para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: praza de Don Bosco, nº 1.

Código do centro: 32008458.

Denominación específica: María Auxiliadora.

Titular: Relixiosos Salesianos.

Ensinanzas que se autorizan: bacharelato da modalidade de tecnoloxía.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.