Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 307/2000, do 28 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da antiga estrada PO-200 Lalín-Laro e dun treito da antiga estrada PO-202 Lalín-O Carballiño a prol do Concello de Lalín.

O Concello de Lalín solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia dun treito da antiga estrada PO-200 (Lalín-Laro) e dun treito da antiga estrada PO-202 (Lalín-O Carballiño), comprendidos no termo municipal e que quedan fóra do novo trazado das estradas referidas logo das obras de mellora e ampliación nelas efectuadas.

Conforme o sinalado nos artigos 4 e 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, en favor do Concello de Lalín, dos treitos correspondentes á modificación do trazado das estradas PO-200 (Lalín-Laro) e PO-202 (Lalín-O Carballiño) que a seguir se relacionan:

Treito 1. Reguengo.

A antiga estrada PO-200 discorre nunha lonxitude de 800 metros a través do núcleo de Reguengo, parroquia de Botos.

O treito enlaza coa actual PO-200 no p.k. 3,800 marxe esquerda e no p.q. 4,400 marxe dereita.

Treito 2. Barreiro.

A antiga estrada PO-202 discorre nunha lonxitude de 330 metros a través do núcleo de Barreiro, parroquia de Vilanova.

O treito enlaza coa actual PO-202 nos p.k. 4,400 e 4,800 pola marxe dereita.

Artigo 2º

Corresponderalle ó Concello de Lalín a xestión, o mantemento, a conservación e a explotación das vías cedidas.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda