Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001077/2000, interposto pola Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0001077/2000, interposto pola Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de setembro de 2000, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2000, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG nº 188, do 27 de setembro de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública