Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 27 de novembro de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono 1 do Plan parcial do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) da Ponte Pedriña de Arriba, promovido pola xunta de compensación, e ocupación dos terreos dos propietarios non adheridos á xunta de compensación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; ou alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a comisión de goberno do concello no prazo dun mes a contar desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo