Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión do día 28 de novembro de 2000, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación das normas subsidiarias municipais do municipio de Sanxenxo, para regula-la altura das edificacións.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á presente notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

Sanxenxo, 4 de decembro de 2000.

Fernando Villaverde González

Alcalde en funcións