Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste Concello, en sesión do día 1 de decembro do ano en curso, o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación por concurso das obras de iluminación pública en Praducelo, Frexulfe, Santo Sidro, Chaos e Quintá, exponse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo

de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Samos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: iluminación pública en Praducelo, Frexulfe, Santo Sidro, Chaos e Quintá.

b) Lugar de execución: municipio de Samos.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe da obra: 3.363.138 pesetas.

b) Financiamento: con cargo ó Decreto 215/2000, do 13 de setembro, de cooperación coas entidades locais para o ano 2000.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe do orzamento.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Samos.

b) Domicilio: praza de España, nº 1.

c) Localidade e código postal: Samos 27620.

d) Teléfono: 982 54 60 02.

e) Fax: 982 54 61 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

Nigún.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar e forma de presentacións: as proposicións entregaranse en man na Secretaría do Concello de Samos, desde as 9 horas ata as 14 horas.

c) Admisión de variantes: non se autorizan variantes ou alternativas.

d) Documentación que hai que presentar, en sobre á parte da proposición económica: a esixida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

9. Apertura de plicas: a mesa de contratación levará a cabo a apertura de plicas en acto público, que terá lugar na casa do concello ás doce horas do primeiro día hábil seguinte a aquela no que finalice o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

10. Outras informacións.

Os criterios que servirán de base para a adxudicación están relacionados no punto 9.1 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O pago do importe dos anuncios será por conta do contratista adxudicatario.

12. Modelo de proposición.

O esixido no punto 9.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Samos, 5 de decembro de 2000.

Carlos R. Belón Ares

Alcalde