Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras de saneamento integral de Carnota (fase I), concello de Carnota.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia

da comunidade autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 18 de maio de 2000, o Concello de Carnota aprobou o correspondente proxecto das obras de saneamento integral de Carnota (fase I).

Por Decreto 267/2000, do 26 de outubro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este concello, en uso das súas factultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Carnota para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello: Carnota.

Local: Casa do Concello de Carnota.

Día 19, 20, 21, 22, 23 de febrero de 2001 de 9.30 a 13 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmene ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este concello, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Carnota, 12 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado