Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 267, con data do 21 de novembro de 2000, publicouse o acordo da Comisión de Goberno do día 29 de setembro de 2000, polo que se modifican as bases de sarxentos da policía local (CE 13/99) e suboficiais da policía local (CE 14/99) publicadas con anterioridade no BOP de 13 de maio de 2000, DOG do 16 de xuño de 2000 e BOE do 11 de xullo de 2000.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias, que será vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os apirantes que xa presentaran instancia no prazo anterior non terán que presentar nova instancia, agás que desexasen achegar nova documentación.

Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

Nieves Vázquez

Concelleira delegada de personal