Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que

figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días, desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e sello esta cédula.

A Coruña, 1 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo Marítimo-Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Tome Caculo, Estela Teresa16039270 pasaporteAsistencia sanitaria6-8-199824.329

Tome Caculo, Estela Teresa16039270 pasaporteAsistencia sanitaria11-1-199823.805

Martinez Patiño, Salvador53161327RAsistencia sanitaria11-9-199824.329

Oueld Lahrouch, AbdelghaforX2520464DAsistencia sanitaria7-7-199824.329

Toledo Vigueras, MaribelX1905989wAsistencia sanitaria11-1-199823.805

Ribao Quintana, JoanniX2452167eAsistencia sanitaria23-9-199824.329

Toledo Vigueras, MaribelX1905989wAsistencia sanitaria7-7-1998-14-10-199872.987

Meirelles de Souza, Ana RosaX1329756BAsistencia sanitaria20-3-199824.329