Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto, para a contratación de servicios de logopedia na área sanitaria da provincia de Lugo.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 1, do martes 2 de xaneiro de 2001, procede face-las seguintes correccións:

Na páxina 46, onde di: «4. Orzamento base de licitación. Importe máximo anual previsto de seis millóns vinteoito mil pesetas (6.028.000 pesetas), 36.233,82 euros»; debe dicir: «4. Orzamento base de licitación. Importe máximo previsto de seis millóns vinteoito mil oitocentas pesetas (6.028.800 pesetas), 36.233,82 euros, coa seguinte distribución anual:».

A presente corrección de erros non afecta ós prazos de presentación de proposicións e documentación.