Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Pedriza, Outeiro da Praza da Veiga, A Touza, A Zaínza e A Veiga, a favor dos veciños de Pidre (concello de Xinzo de Limia), nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en

sesión celebrada en data 2-6-1999, inicia-lo expediente de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado A Pedriza, Outeiro da Praza da Veiga, A Touza, A Zaínza e A Veiga, coas características que a continuación se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Xinzo de Limia e Trasmiras.

Denominación: monte A Pedriza, Outeiro da Praza da Veiga, A Touza e A Zaínza e A Veiga, integrado por catro leiras individuais, en conxunto.

Comunidade propietaria: veciños de Pidre (Xinzo de Limia).

Superficie: 70 ha, aproximadamente en conxunto.

Monte: A Pedriza sito no concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 21 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Víctor Casas Pérez, Manuel López López e Aurelia Blanco Vila.

Sur: Comunal de Solbeira.

Leste: núcleo urbano da aldea de Pidre.

Oeste: Víctor Casas Pérez, Sara Fariñas Casas, Manuel Gómez Blanco, José Dobaño Rodríguez.

Monte: Outeiro da Praza da Veiga sito no Concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 10 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Manuel Martínez Fariñas.

Sur: camiño dos Muíños.

Leste: Manuel Gómez Blanco.

Oeste: Víctor Casas Pérez, Manuel López López.

Monte: A Touza e A Zaínza: sito no Concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 20 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Ferreiro Ojandro, Martín López Casas, Carmen López Casas, Manuel Gómez Blanco, Manuel Ramos Díaz.

Sur: Manuel López López, Manuel Martínez Dacuña, Corona García Rodríguez, Luis Martínez Fariñas, Mª José Nieto Vences, José Casas Castilla e pista a Alboredo.

Leste: pista A Veiga, camiño de Praza da Veiga.

Oeste: Víctor Casas Pérez, pista A Veiga, pista Paredes, Manuel Menéndez Martínez, Domingos Rodríguez Ribero.

Monte: A Veiga sito no Concello de Trasmiras.

Superficie: 19 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Río Limia e Manuel López López.

Sur: pista de Abavides.

Leste: Emilio López Fariñas.

Oeste: pista de Abadives.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense